_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Adxudicada a reforma da cuberta da grada de preferente da Lomba

A esperada reforma da cuberta da grada de preferente do campo municipal de fútbol de A Lomba, está a un paso de materializarse. A Xunta de Goberno Local acordou na reunión de esta mañá adxudicar a obra á empresa Actividades de Construcción, Efidicación y Viales S.L. por ser a súa oferta a mellor puntuada das 10 que concorreron ao concurso. A actuación adxudicouse por importe de 128.984 euros que se financian con cargo ao Plan Concellos da Deputación e as obras iniciaranse tan pronto como rematen a temporada, de ser o caso, os partidos de ascenso, segundo se acordou cos clubs que xogan na Lomba.
16.04.2019.- A obra que se vai a acometer consiste na restauración e reforzo da estrutura que soporta a cuberta da grada. Para isto eliminarase o óxido e trataranse os piares para sanealos e reforzalos convenientemente. A actual cuberta será desmontada por unha empresa autorizada e seguindo os procedementos establecidos pola lexislación vixente ao tratarse de materiais que conteñen amianto. Por último, instalarase a nova cuberta de paneis de chapa grecada. A xeometría e as características construtivas do novo tellado serán similares á da grada principal ou de tribuna. A actuación tamén prevé a instalación de pasamáns e varandas protectoras nas zonas de escaleiras.

Esta obra enmárcase no plan de mantemento e mellora das infraestruturas deportivas que leva a cabo o Concello e a través do cal tamén se cambiará a herba artificial do campo municipal de fútbol de Vilaxoán e se reparará a cuberta do pavillón de Faxilde, obras xa aprobadas e en proceso de tramitación para ser executadas nos vindeiros meses.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -