_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
BIBLIOTECAS
“A hora do conto” volve á rede municipal de bibliotecas para conmemorar o Día do Libro

A Rede Municipal de Bibliotecas do Concello de Vilagarcía xa ten todo listo para celebrar o Día Internacional do Libro que se conmemora o 23 de abril. A partir de esta data e ata finais de maio, as bibliotecas municipais acollerán unha nova campaña de fomento da lectura destinada ao público infantil. O Caracol Sol-Sol volverá a deixarse ver pola Biblioteca e as Axencias de Lectura para desenvolver as sesión de “A hora do Conto”. Todos os colexios do municipio participarán nestas actividades co alumnado dos cursos de 1º de Primaria.
16.04.2019.- A Campaña de Fomento da Lectura desenvolverase na Biblioteca Rosalía de Castro e nas Axencias de Lectura de Vilaxoán, Bamio e Carril. A programación arrancará o propio Día do Libro, o 23 de abril, coa primeira sesión de “A hora do conto”, na que participarán os alumnos de 1º do colexio San Francisco.

“A hora do conto” é a actividade principal da campaña e ten como protagonista ao Caracol Sol-Sol. Este personaxe será quen recibirá aos escolares e actuará como dinamizador do programa que comeza cunha sesión de conta contos complementados con actividades relacionadas coa historia relatada -como xogos, globlofexia, debuxos ou cancións- coas que potenciar a imaxinación, creatividade e cooperación dos nenos e nenas, utilizando como fío condutor o conto.
A actividade ten unha segunda parte máis práctica, consistente en explicarlles aos nenos e nenas o funcionamento dos servizos bibliotecarios: horarios, requisitos para facerse socios, fondos bibliográficos e audiovisuais existentes, servizo de préstamo… a efectos de que se animen a ser usuarios e cultiven o gusto pola lectura.
Outra das actividades incluídas nesta campaña con motivo do Día do Libro será a organización dun obradoiro de creación de marca páxinas que se desenvolverá durante a semana do 23 de abril nas dependencias da Sala Infantil da Biblioteca Rosalía de Castro.
Como nas edicións anteriores e en todas as iniciativas que desenvolve ao largo do ano a Biblioteca Pública Rosalía de Castro, esta campaña ten como obxectivo propiciar a relación dos nenos e nenas cos libros así como dar a coñecer as bibliotecas da rede municipal aos escolares do municipio, fomentando, á vez, o seu uso dende a infancia.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -