_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
OBRAS E SERVIZOS
O Concello estende ao Piñeiriño o plan de humanización de rúas e mellora da accesibilidade

O Plan de humanización de rúas e de mellora da accesibilidade que se está levando a cabo en Vilagarcía esténdese ao barrio do Piñeiriño. O goberno local xa ten aprobado o proxecto e dispón do financiamento necesario para acometer unha actuación que afectará ás rúas Álvaro Cunqueiro, Francisco Porto Rey e Fontecarmoa. Cun investimento de 2015.971 euros ensancharanse e eliminaranse as barreiras arquitectónicas nas beirarrúas das dúas primeiras e construirase a que falta no tramo da Rúa Fontecarmoa comprendido entre os cruzamentos con Doutor Tourón e Porto Rey, eliminando así os riscos que corren actualmente os peóns ao ter que circular pola calzada.
18.04.2019.- O proxecto redactado polo Arquitecto Municipal prevé o ensanche das beirarrúas de Álvaro Cunqueiro e Francisco Porto, que contarán con máis do dobre de ancho que as actuais, pasando dos 2 metros de agora, aos 5,5 que terán tras a actuación. Nas interseccións con outras vías, a beirarrúa ensánchase en forma de orella ata chegar aos 8 metros de ancho.

Dada a amplitude da calzada nestas rúas, non será preciso prescindir dos estacionamentos, simplemente se cambiará a actual disposición en batería, por outra en liña, que ocupa menos espazo.

Por descontando, eliminaranse todas as barreiras arquitectónicas e as beirarrúas serán completamente accesibles e cómodas para as persoas con problemas de mobilidade, ao construírse superficies totalmente regulares a base de formigón e contar coas correspondentes baixadas e ramplas.
Tamén se renovará o alumeado público, poñendo luminarias de fachada con tecnoloxía led e se completará a actuación coa plantación de árbores que lle dean un aspecto máis agradable e aporten frescura ao barrio.

O proxecto inclúe tamén unha necesaria actuación para mellorar a seguridade dos peóns na Rúa Fontecarmoa. Dada a desigualdade do ancho desta vía, que se estreita na proximidade ao cruzamento con Doutor Tourón, o da beirarrúa a construír tamén variará, aínda que a maior parte do trazado disporá de 3 metros. Ademais, elevarase un paso de peóns na zona máis próxima á intersección coa rúa Francisco Porto Rey. Tamén se mellorará a estética coa plantación de árbores.

O proxecto xa foi aprobado pola Xunta de Goberno e a Deputación Provincial acaba de autorizar o reinvestimento con cargo ao Plan Concello de parte dos fondos dedicados inicialmente á ampliación da piscina que finalmente se executara a través dos fondos FEDER do programa europeo "Vilagarcía Avanza". O Concello iniciará agora a redacción dos pregos para sacar a licitación a obra co obxectivo de que se execute nos vindeiros meses.

Un proxecto que terá continuidade

Esta actuación promovida polo Concello ten vocación de continuidade posto que a intención do goberno local é a de humanizar o cen por cen da urbanización do Piñeiriño, un barrio densamente poboado pero que mantén a estética e configuración dos anos 70 do século pasado, onde as zonas para a circulación rodada predominaba sobre as dedicadas aos eóns e ao esparexemento das persoas. Coa actuación que se vai a levar a cabo adaptarase O Piñeiriño aos criterios do século XXI e tamén ao modelo de cidade no que traballa o executivo de Alberto Varela, con rúas accesibles e con espazos cómodos e amplos para os peóns, e onde os elementos verdes resten dureza ao asfalto e cemento.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -