_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello programa a renovación de servizos e remodelación da rúa Sobrán-Faxilde

O Concello de Vilagarcía programa unha nova actuación de mellora integral de rúas que afectará Rúa Sobrán-Faxilde e que terá como obxectivo resolver os problemas de avarías nas redes de servizos básicos que se están a producir debido a antigüidade das mesmas e tamén mellorar as condicións e estética da rúa. A Xunta de Goberno Local acordou onte contratar o estudo topográfico necesario para redactar o proxecto de obra.
23.04.2019.- O principal problema que presenta actualmente a Rúa Sobrán-Faxilde son as reiteradas avarías nas redes de saneamento e auga que son moi vellas. Ademais do inconvinte que isto supón á veciñanza, as roturas tamén provocan afundimentos na calzada, creando fochas e deixando un firme irregular e incómodo para o tráfico.

Para solventar esta problemática, o goberno local pretende levar a cabo unha actuación integral que afectará ao un importante tramo de vía, comprendido entre os semáforos de Sobrán e o cruce da Fonte de Faxilde. Os traballos comezarán coa substitución das canalizacións das redes de saneamento, abastecemento de auga e recollida de pluviais. A efectos de dispor axeitadamente e de forma eficaz os trazadas destes servizos precísanse medicións topográficas exactas que axuden a determinar a cota correcta á que debe ir cada tubería para previr posteriores incidencias de funcionamento.

Ademais da substitución das redes de servizos básicos, o proxecto tamén incluirá a instalación de conducións para soterrar as instalacións de electricidade e de telecomunicacións.

A obra permitirá tamén renovar a imaxe da rúa Sobrán-Faxilde, con mellora de beirarrúas e da calzada, un aspecto este que non so suporá un beneficio para os veciños, si no tamén para os escolares que transitan esta rúa para acudir diariamente ao colexio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -