_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello liquida o orzamento de 2018 cun superávit de 2 millóns de euros e cunha nova redución da débeda

O Concello de Vilagarcía pechou a liquidación do orzamento municipal de 2018 e, como en exercicios anteriores, os volven a ser altamente positivos. De feito, os informes apuntan un superávit consolidado de 2.079.902 euros e a que se continúa reducindo o nivel de endebedamento que baixa ata o 22,70%, agrandando máis o marxe de manobra que a lei permite para que as administracións locais poidan concertar créditos libremente, e que se sitúa no 75%, ou no 110% con autorización previa da administración superior. Como conclusión principal, o informe de Intervención destaca que o Concello volveu a cumprir en 2018 o principio de estabilidade orzamentaria e a regra de gasto.
23.04.2019.- Estas cifras poñen de manifesto a boa saúde financeira coa que conta o Concello de Vilagarcía e avalan a xestión económica que está levando a cabo o executivo socialista. Os números resultantes da liquidación resultan aínda máis relevantes si se ten en conta a cancelación do Plan de Axuste en vigor ata finais de 2017 e ás políticas de incremento do gasto social, de conxelación fiscal e de investimentos que se están a levar a cabo e que se compensa coa labor de captación de financiamento externo a través de subvencións da Unión Europea e da Deputación, e coa posta en marcha do sistema de inspección e recadación executiva que mellora.

De feito, segundo se recolle no informe da liquidación do Orzamento de 2018 e a data de 31 de decembro dese ano, o grao de recadación sitúase no 92,70%.
Outros datos positivos son grao de execución do orzamento de gastos, que se situou no 91,2%, ou o incremento do fondo de liquidez –parámetro que representa a capacidade da entidade para facer fronte de xeito inmediato as súas obrigas, e que ascende a 5.214.085 euros.

Como xa se avanzaba antes, o nivel de endebedamento segue a reducirse ata situarse no 22,7% o que en termos monetarios supuxo 5.386.654 euros, fronte aos 6.916.326 do exercicio de 2017. Ademais, o aforro neto consolidado situouse en 2.390.634 e o remanente de tesourería foi de 2.528.395 euros.

Unha vez determinado superávit e tan pronto se peche e leve ao Pleno a Conta Xeral, o executivo poderá concretar que parte deste terá que dedicar á amortización de débeda e cal á execución de investimentos financeiramente sostibles, é dicir a obras. Estes asuntos tamén deberán tratarse posteriormente en Pleno.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Agos 2019  
L
M
X
J
V
S
D
     
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -