_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Vilagarcía vivirá este ano a Festa dos Maios máis participativa da súa historia con 73 composicións florais

Vilagarcía mantén viva a tradición dos maios como o demostra o elevado número de composición florais que se exhibirán na Festa dos Maios a celebrar o mércores, 1 de maio, no Parque Miguel Hernández. Serán nada menos que 73 maios os que presentarán ao certame os 16 colectivos inscritos na edición deste ano. A celebración comeza ás 11:30 horas da mañá e, como e como manda a tradición, a exposición dos traballos florais terá como banda sonora as coplas satíricas que interpretarán os grupos participantes.
27.04.2019.- A maior parte dos colectivos inscritos este ano na Festa dos Maios organizada pola Concellería de Cultura son asociacións de nais e pais de centros educativos como os de a Escola Unitaria de Aralde-Sobrán, Vagalume, Piñeiriño, Doutor Fléming-Anexo A Lomba, Casanova-Rubiáns, Año Pitaño da Galiña Azul de Carril, Escardia, Alonga-Arealonga, San Martiño de Sobrán e a do colexio San Francisco. Tamén participan asociacións culturais como Lumarada de Cornazo, Malveiras de Carril, Os Tres Castros e a Sociedade Cultural Gato Negro de Carril; ademais da residencia de anciáns Divina Pastora dos irmáns Inés e Diego Rubiáns Diz.

A maioría dos participantes presentan 5 maios, un de cada unha das tipoloxías recollidas nas bases do certame: cónico, artístico, cruz, caixa e barco.
A Festa dos Maios en Vilagarcía non ten carácter competitivo dende hai anos. Para incentivar a participación e tratar de recuperar unha tradición que se estaba a perder, tanto no que era os traballos florais como as coplas satíricas, a Concellería de Cultura optou por ofrecer unha compensación económica aos participantes que se axusten as bases da convocatoria, nas que se recolle o uso dos materiais tradicionais e naturais á hora de elaborar os traballos.

Os premios máis elevados correspóndense cos maios máis laboriosos e de maiores dimensións, como son os cónicos e artísticos. En ámbolos dous casos as axudas son de 80 euros para participantes que non acheguen letras. A os grupos que leven coplas daráselles 100 euros se suman un mínimo de 10 integrantes e 200 euros se son grupos de máis de 25 compoñentes.

Para as categorías de maios máis pequenos, como a cruz de maio, caixas e barcos, establécense axudas de 30 e 40 euros para os que participen sen copla e de 50 e 60 euros paras os que si acheguen letra e que deberán contar cun mínimo de 4 membros no grupo.

As actuacións musicais terán lugar a mediodía pero os maios deberán expoñerse no parque Miguel Hernández durante toda a xornada para que poidan ser admirados polo maior número de persoas durante a xornada festiva do 1 de maio.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -