_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía celebra o Día das Letras do 4 ao 17 de maio con teatro, obradoiro infantil, poesía, música e folclore

Vilagarcía inicia o sábado as actividades organizadas pola Concellería de Cultura para celebrar o Día das letras galegas e homenaxear a Antón Fraguas, o autor ao que se dedica este ano a data. A programación das Letras desenvolverase dende o día 4 ao 17 de maio, o día da Conmemoración, e inclúe unha amplo abano de actividades que inclúe dende teatro e música de todos os estilos, a recital poético, contacontos e folclore. Todo isto súmase ao reparto de libros sobre Antón Fraguas realizado pola Concellería de Xuventude para as bibliotecas dos centros educativos de Primaria.
02.05.2019.- Varios dos actos previstos versarán sobre Antón Fraguas co obxectivo de divulgar entre a poboación en xeral aspectos da súa vida como que formou parte do Seminario de Estudos Galegos nas seccións de Etnografía, Folclore e Xeografía; foi un dos mestres represaliados e obrigados a abandonar o seu posto na Universidade durante a Guerra Civil, ao ser regreso obtivo a Cátedra, formou parte da Real Academia Galega ocupando o asento de Castelao, dirixiu o Museo do Pobo Galego dende a súa fundación ata a súa morte e recibiu a medalla Castelao e a das Artes e das Letras de Galicia.

O intelectual de Cotobade será o protagonista, a través das cantigas tradicionais por el recompiladas, do concerto e contacontos “Canta miña pedra canta” que ofrecerán Xoán Curiel e Charo Pita o sábado ás 12 do mediodía no Salón García. Sobre Fraguas versará tamén o obradoiro “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas que se desenvolverá esa mesma tarde no Auditorio, e o mércores 15, escolares de varios colexios de Vilagarcía farán o seu especial homenaxe ao autor.

O apartado musical, ademais da intervención Xoán Curiel, contará co concerto de Fin de Grao do Conservatorio, a sesión de “Música galega” na que a Duendeneta fará un percorrido dende clásicos como os de Xil Ríos, Ana Quiro ou Treixadura, ata os máis actuais como Heredeiros da Crus, Ses ou Terbutalina, entre outros, e a sesión vermú do día 17 en Carril, onde músicos como Pablo Vidal, Clara Pino, Josito Porto ou o coro Son de Carril, entre outros moitos, interpretarán temas do autor carrilexo Juan Lemiña.

O folclore tradicional galego tamén terá un apartado propio nesta programación do Día das Letras co XIII Festival Nós de Sobradelo, que ademais de coas súas agrupacións, contará co grupo de baile ADAIL e as Pandereteiras Riscadela deTeo.

PROGRAMACIÓN ESPECIAL LETRAS GALEGAS 2019
Sábado 4 maio. Salón García [12:00] [MÚSICA]
“Canta miña pedra canta”. Espectáculo musical con elementos teatrais e de participación activa. Público: Infantil, nenos de 6 a 12 anos
Xoán Curiel pon música a algunhas das cantigas recollidas por Antonio Fraguas en achegas ao cantigueiro de Cotobade e tamén crea cancións propias inspiradas en episodios da súa vida. Comparte escenario con Charo Pita que, entre canción e canción, achegaralle á rapazada unha mostra de contos populares galegos.
Actividade familiar programada dentro de FalaRedes Programa de Dinamización Lingüística.

Sábado 4 maio. Sala de Conferencias do Auditorio [18:00]
A detective Peregrina e o insólito “caso Antón Fraguas”. (Obradoiro con contacontos e ilustración). Público: Infantil, a partir de 5 anos.
A detective Peregrina é unha entusiasta da cultura galega. Un día descubrirá a obra de Antonio Fraguas e iso cambiará a súa vida e a de toda a veciñanza.
Entrada de balde ata completar aforo
Sábado 4 maio. Salón de actos do Auditorio [21:00] [TEATRO]
Camiños
(Programado dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios – AGADIC)
Carolina viaxa de cara aos EEUU. Daiana, bisneta dunha emigrada galega, ven da Arxentina. Comparten asento no aeroporto. Entre elas, debúxanse milleiros e milleiros de #camiños. Camiños que unen o que fomos e o que desexamos ser.
Precio entradas: 5€ mías gastos de xestión na venta anticipada a través de ticketea. Entrada de balde (limitada a 65 entradas en total) acreditando a condición de beneficiarios no control de acceso
Domingo 12. Salón de Actos do Auditorio [18:00] [FOLCLORE]
XIII Festival Nos de Sobradelo
Organiza: Asociación Cultural Nos de Sobradelo, que presentará o repertorio dos seus grupos oficiais e das súas escolas de baile, canto, gaita e percusión. Grupos convidados: Grupo de baile ADAIL e Pandereteiras Riscadela da Sociedade Recreativa San Xoán de Calo (Teo).
Entrada de balde ata completar capacidade

Mércores 15 maio.
Salón de actos do Auditorio [19:00] [MÚSICA]
Concerto Letras Galegas - Fin de Grao 2019
Conservatorio Profesional de Música. Entrada de balde ata completar capacidade

Xoves 16 maio.
Praza de Galicia [11:00-13:00] [LITERATURA]
Os Escolares de Vilagarcía homenaxean a Antón Fraguas.
Interveñen o alumnado do Colexio O Piñeiriño, Colexio San Francisco, IES Castro Alobre e o Colexio Filipense Sagrada Familia. Actividade organizada en colaboración coa Mesa das Verbas
En caso de choiva trasladarase ao Auditorio
Venres 17 maio.
Esquina Rúas Valentín Viqueira/ A Baldosa [22:30] [MÚSICA]
A Duendeneta – Música Galega
Noite de festa e baile na que exclusivamente soará música cantada en galego. Dende os nosos grandes clásicos (Xil Ríos, Ana Kiro) ata grandes nomes do rock (Os Resentidos, Heredeiros da Crus) ou artistas do pop coma (Xoel López, Iván Ferreiro) pasando polo folk (Treixadura, Luar na Lubre), a canción de autor (Ses, Uxía), o hip hop (García MC, Dios Ke te Crew), propostas contemporáneas (Terbutalina, Familia Caamagno) e a pachanga festiva (Os Diplomáticos, O Sonoro Maxín) e moitísimos máis artistas que irán amosando que se pode facer unha gran festa tamén na nosa lingua.

Venres 17 maio.
Letras Galegas en O Carril
11:00 Pasacalles Grupo de Gaitas Malveiras
12:00 Actuación Escola Baile e Pandeireta. Praza da Liberdade
12:30 Ofrenda Floral a Rosalía de Castro
13:00 Concerto sesión vermú
“GALICIA FERMOSA”
A música de Juan Vidal Lemiña
Carril, 1932 - Fontecarmoa, 1994

Pablo Vidal e convidados (Clara Pino, Josito Porto, Gaspar Somoza, Yolanda Vázquez, Ysied, Vita Ivaskevica, Sapoconcho Galego, o coro Son do Carril, etc.) xúntanse para reinterpretar ás cancións mais coñecidas do compositor carrilexo.
A continuación pincho popular


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -