_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Os veciños de Doutor Tourón xa se abastecen de auga a través do novo colector

O novo colector do abastecemento de auga instalado polo Concello na avenida Doutor Tourón xa está en funcionamento e dando servizo ás vivendas situadas no tramo comprendido entre a Glorieta da Mariña Española e a encrucillada conas rúas Fontecarmoa e Vista Alegre. O goberno local xestionou esta obra pola vía de urxencia para acabar de forma definitiva coas avarías que se estaban a producir de xeito constante nesa zona debido á antigüidade e mal estado da canalización orixinal e que deixaban temporalmente sen subministro aos veciños da zona. A actuación supuxo unn gasto de 48.000 euros financiados con fondos propios.
A instalación do novo colector de polietileno rematou xa hai tempo, pero non entrou en funcionamento ata agora debido a que se aproveitou para renovar todas as acometidas ás vivendas situadas ao longo dos 417 metros de rúa afectada pola obra. Tamén se instalaron tramos de rede secundaria cos seus correspondentes entronques.

Coa auga circulando xa polo novo colector, o único que queda para concluír a obra executada por Espina e Delfín é rematar e pechar unha arqueta e o asfaltado da vía, traballos estes últimos que se levarán a cabo tan pronto como a previsión climatolóxica avance tempo seco e continuado durante as xornadas suficientes para levar a cabo a obra.

Como xa comentara, para renovar o colector principal de abastecemento utilizouse un innovador sistema denominado RELINING" que permitiu substituír a tubería sen necesidade de abrir a estrada. Ademais de ser máis rápido, económico e sostible que o procedemento convencional, este sistema evitou os problemas de tráfico que suporía executar a obra doutro xeito, sobre todo nunha arteria principal da circulación como é a avenida Doutor Tourón.

Para instalar os 417 metros do novo tubo de 200 milímetros de diámetro só foi preciso abrir sete catas de 5 metros de longo por 1,5 de ancho. A tubería instalada, e pola que xa circula a auga, é de polietileno, material resistente e flexible, característica esta última que permitiu introducilo e guialo polo interior da vella canalización sen necesidade de facer a obra a ceo descuberto. Esta operación fíxose en tramos, realizando as conexións nos 7 puntos das catas.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -