_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TRÁFICO
A redución das infraccións por exceso de velocidade rexistradas en abril constata a eficacia dos controis mensuais

O informe mensual da Policía Local sobre o resultado dos controis de velocidade realizados nas vías urbanas do municipio durante o mes de abril constata unha importante redución do número de infraccións detectadas en relación ao mes anterior. Si en marzo se denunciou por exceso de velocidade ao 17% do total dos vehículos controlados, a porcentaxe diminuíu ao 9,9% en abril. Esta evolución pon de manifesto a eficacia que en canto ao efecto disuasorio está a ter o sistema de controis aleatorios mensuais e da información previa dos mesmos.
08.05.2019.- Durante o mes de abril, o radar móbil da Policía Local instalouse en diferentes rúas urbanas do termo municipal e mediu a velocidade dun total de 2.879 vehículos dos que 287 superaban o límite establecido para cada rúa así como o marxe de erro que se aplica sempre neste procedemento. Nestes datos inclúense os controis realizados no marco da campaña extraordinaria da DXT, desenvolvida do 1 ao 7 de abril.

En conxunto, as maiores velocidades rexistráronse na Avenida Agustín Romero, limitada a 50 quilómetros por hora, cun vehículo circulando a 89 Q/h e outro a 82. Tamén se detectaron velocidades especialmente altas na Rúa Outeiro de Bamio, cun máximo de 81 Q/h.

A rúa con maior porcentaxe de infraccións foi o tramo de Víctor Pita máis próximo á depuradora (fronte á praia de Canelas), cun 51% de vehículos circulando por enriba dos 30 Q/h permitidos. Compre salientar que se trata dun tramo de vía perigoso onde se teñen producido graves accidentes e incluso un atropelo mortal. Tamén a avenida Valle Inclán soporta velocidades por riba do permitido nun 39% dos vehículos controlados.
Os controis aleatorios mensuais continúan en maio. Entre o 1 e 0 5 de maio, a Policía Local mediu a velocidade dos vehículos que circulaban polas rúas Rúa Valentín Viqueira, Rúa San Xoán de Bamio, Avda. de Rubiáns, Avda. de Vilanova, Avda. de Cornazo, Rúa Os Martices e na Rúa Montiño.

Póximas medicións

Entre o 6 e o 12 de maio, realizaranse controis aleatorios na rúa Valentín Viqueira, Rúa Outeiro de Bamio, Rúa Vilar de Bamio, Avda. de Vilanova, Avda. Agustín Romero, Rúa Os Martices, Rúa Arealonga, Avda. Valle Inclán, Avda. Víctor Pita e Rúa O Vento de Cea.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -