_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
A piques de rematar o ensanche e dotación de saneamento ao camiño do Lago, en Castroagudín

A obra de dotación de saneamento e ensanche camiño do Lago, en Castroagudín está a piques de rematar. A adxudicataria comunicou hoxe ao Concello que a construción do muro de contención e ensanche da vía, así como a instalación da rede de saneamento complétanse mañá, quedando soamente pendente o asfaltado que se executará a vindeira semana, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
13.05.2019.- O Concello de Vilagarcía investiu nesta actuación 40.994 euros de fondos propios no marco das actuacións do Plan de Mellora de infraestruturas de servizos que está a levar a cabo nas parroquias do rural. O ensanche do Camiño do Lago foi unha demanda trasladada polos veciños da zona ao concelleiro de Obras e Relacións Veciñais, Lino Mouriño, que a incluíu no plan de actuacións a executar pola súa concellería.

A obra adxudicada á firma Servicios Medioambinetales del Miño S.L. permitiu ensanchar un estreito camiño, de apenas 3 metros de ancho, ao pé do cal se emprazan varias vivendas que antes da actuación no podían acceder aos seus domicilios en vehículo debido, o que representaba un grave problema á hora de trasladar a persoas con mobilidade reducida ou de realizar traballos de carga e descarga.

A obra tiña certa complexidade dado que para ensanchar foi preciso realizar un importante desmonte e construír un muro de contención de mampostería para asegurar a estabilidade do talude de terra ao longo dos 114 metros de camiño nos que se actuou. O muro ten unha altura variable, chegando en zonas aos 3 metros de alto. Aproveitando as obras, o Concello tamén ampliou a rede de saneamento, instalando ao longo duns 100 metros do camiño un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro, que se conectará no entronque que da servizo á parroquia. Esta medida permitirá que poidan conectarse á rede pública de saneamento as vivendas emprazadas ao carón do camiño de O Lago.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -