_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O ClasClás pon á venta as entradas para os catro concertos a desenvolver nos pazos de Rubiáns e a Golpelleira

O mércores 15 de maio saen á venta as entradas para os 4 concertos de pago incluídos no II Festival Internacional de Música Clásica “ClasClás” de Vilagarcía, promovido polo Concello de Vilagarcía de Arousa e organizado polo Conservatorio Municipal de Música de Vilagarcía. Son os que se celebrarán nos pazos de Rubiáns e da Golpelleira durante o evento que se desenvolverá do 27 de xuño ao 6 de xullo, no que este ano participarán 42 artistas internacionais e haberá un total de 19 concertos dos cales, só 4 serán de pago.
14.05.2019.- Debido á abraiante resposta obtida por parte do público na primeira edición do festival, aos recoñecementos expresados polos participantes, a repercusión mediática e ao propio interese do Concello por consolidar o Clasclás como referente no eido dos festivais de música clásica, as entidades promotoras apostaron aínda máis forte polo evento, por iso nesta segunda edición o certame da un importante salto cuantitativo y cualitativo.

Entre as novidades do programa deste ano destaca o concerto inaugural que ofrecerá a Orquestra Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Guy Braunstein, director artístico do Clasclás. O festival tamén amplía a súa duración, de 7 a 10 días. A lo longo desas xornadas ofreceranse 14 concertos, 10 de eles gratuítos. Como na edición anterior, algúns destes concertos terán como escenarios os espectaculares pazos de Rubiáns e da Golpelleira, aos que se engaden as igrexas de Santiago Apóstolo en carril e a de San Martín de Sobran en Vilaxoán, así como a Praza da Peixería en Vilagarcía..

O Clasclás apostará novamente pola vertente social e intentará, aínda máis, achegar a música clásica a todos los colectivos, reforzando el compromiso educativo cos xóvenes músicos que estudan no Conservatorio Profesional de Música de Vilagarcía e con aqueles que veñen para participar no Young Artist Programa (YAP). Nesta ocasión participarán nel 30 xóvenes músicos procedentes de España, Estados Unidos, Rusia, Azerbaián, Romanía, Finlandia, Alemaña, Israel, China, Polonia y Austria, entre os que se atopan primeiros premios de prestixiosos concursos internacionais como Shanghai Violin Competition 2018, ARD Múnich Viola 2018, Lutovslawsky Cello Competition, Buenos Aires Violín Competition o Juventudes Musicales de España, entre outros.
A organización salienta tamén calidade e o elevado nivel dos músicos que participarán no Clasclás como mentores e que tamén proceden de diversos países do mundo.

Nesta segunda edición reafírmase o compromiso coa cultura galega, incluíndo no programa compositores galegos, como Ricardo Grobas, á orquestra Sinfónica de Galicia e tamén a músicos galegos como os novos como o vilagarcián Juan José López e o compostelán Iago Domínguez, que participan no YAP. Independentemente dos grandes compositores universais o programa tamén inclúe obras de músicos españois como Manuel de Falla.

Ademais, o festival volverá a ser un evento dinamizador da actividade cultural galega, non so polo ciclo de concertos, senón pola actividade paralela que conleva a través do Summit, programa que contribúe a reforzar o tecido da industria cultural da música, unido todo isto a novas colaboracións surxidas da difusión internacional do festival, como a existente coa Universidade de Deusto a través do Proxecto Europeo Connect.

Prezo das entradas

As entradas para os concertos do Pazo de Rubiáns (o 23 de xuño e o 5 de xullo) e da Golpelleira (2 e 4 de xullo) pódense adquirir na web http://www.ticketea.com Ofértanse 600 localidades a repartir entre os catro concertos e o prezo das entradas individuais é de 14 euros máis custes de xestión. Existe a posibilidade de comprar abono para os dous concertos do Pazo da Golpelleira por 24 euros (máis custes de xestión). Ademais de poder gozar de música clásica de primeiro nivel en escenarios tan fermosos como son estes pazos, os asistentes poderán degustar un cóctel.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -