_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello esixe a Serviocio que renove a maquinaria do ximnasio mentres non se saque a licitación a concesión

O Concello de Vilagarcía esixirá á concesionaria da piscina municipal que renove a maquinaria do ximnasio co obxectivo de garantir a prestación do servizo en condicións óptimas ata o momento en que se volva a sacar a concurso a xestión das instalacións. O asunto, que xa se viña tratando dende hai tempo, concretarase na reunión que manterá mañá o concelleiro de Deportes cos responsables de Serviocio.
15.05.2019.- A renovación da maquinaria é un asunto que está previsto incluír nos novos pregos que se están elaborando para sacar a concurso a xestión da piscina municipal. Neste pregos deben incluírse todas as instalacións que a adxudicataria deberá xestionar para poder concretar aspectos como prezo do contrato e as obrigas da concesionaria en canto a dotación de equipamentos e mantemento. Dado que está en marcha o procedemento para ampliar a piscina, ata que a obra non estea completada non se poden incluír nos pregos da concesión as novas instalacións que deberá xestionar a adxudicataria.

Este solapamento dos dous contratos (o da concesión do servizo e o da construción da nova piscina) provoca esta situación de excepcionalidade. Aínda entendendo as reticencias de Serviocio a investir en nova maquinaria ante esta situación de provisionalidade, o goberno entende que o servizo ten necesariamente que continuar prestándose nas mellores condicións para o usuario ata que non se resolvan ambos concursos, algo que podería suceden no prazo de dous anos. O goberno local confía na votade e na profesionalidade da concesionaria para resolver canto antes un problema que non so atañe ao Concello, sino que tamén afecta a súa imaxe de empresa.

Por outra banda, o goberno comparte na súa totalidade a postura dos usuarios aos que lle pide que entendan esta situación de excepcionalidade que se está a dar e que ten como último obxectivo ampliar a piscina municipal e mellorar todas as súas instalacións e equipamentos.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2019  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -