_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
As ladeiras de Xiabre acollen o sábado a andaina Vilagarciá do Goza do Ulla

O programa de andainas “Goza do Ulla” que de desenvolve en varios municipios ribeireños fai escala o sábado, 25 de maio, en Vilagarcía. O paseo programado no noso Concello consistirá nunha andaina de 17 quilómetros polas ladeiras do monte Xiabre que permiten admirar a desembocadura do Ulla na ría de Arousa. Os interesados poden anotarse a través do mail oficinaturismo@vilagarcia.gal ou do teléfono 986 501 227. A participación é de balde.
20.05.2019.- “Circular polo Xiabre, dende o miradoiro sobre o Ulla ata o encoro” é o título da andaina deseñada pola Concellería de Turismo de Vilagarcía para este programa. O percorrido iniciarase ás 9 da mañá en Pinar do Rei (na entrada ao Punto Limpo), dende onde os participantes encamiñaranse cara o miradoiro de Bamio para admirar a espléndidas vistas que dende alí se teñen da desembocadura do Ulla en augas da Ría da Arousa. O paseo continúa para acadar outra atalaia que permite divisar fermosas panorámicas sobre Vilagarcía e a Ría.

O roteiro prosegue polas sendas do monte cara o curso alto do río do Con, que se cruzará deixando á dereita unha pequena cascada para iniciar a baixada por camiños con grandes vistas e que levarán aos camiñantes ata o encoro do Con que bordearán para emprender o regreso polo paseo de castiñeiros e os camiños forestais ata chegar ao punto de partida.

A andaina ten unha lonxitude de 17 quilómetros e considérase de dificultade media. O Concello de Vilagarcía entregará botellíns de auga e froita a cada participante do roteiro a modo de avituallamento.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -