_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
TURISMO
As travesías en galeón regresan este verán con 20 saídas gratuítas promovidas polo Concello

As Concellerías de Medio Ambiente e Turismo e o colectivo Rompetimóns volven a colaborar este ano para poñer en marcha unha nova edición do programa de travesías en galeón pola Ría de Arousa. As 20 travesías programadas levaranse a cabo durante os meses de verán, en fins de semana, e será totalmente de balde para os asistentes. As persoas interesadas en participar deberán solicitalo entre o xoves 23 de maio e o 11 de xuño. A Concellería adxudicará as prazas dispoñibles mediante un sorteo público que terá lugar o 13 de xuño no Concello e o resultado comunicaras por teléfono ás persoas que obteñan praza.
21.05.2019.- Aínda que o calendario das travesías está por pechar, as rutas realizaranse os sábados e domingos en horario de mañá e tarde partindo, previsiblemente, do Peirao de Pasaxeiros de Vilagarcía. O formulario de inscrición está dispoñible no taboleiro de anuncios da web municipal e no da sede electrónica o mesmo que as bases do programa As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través de correo electrónico ao enderezo bmalvar@vilagarcia.es . En cada solicitude poderán reservarse ata un máximo de cinco prazas (incluído o solicitante) que deberán ir convenientemente identificadas co nome, apelidos e número de DNI. Os menores de 14 anos deberán ir acompañados dun adulto responsable.

A realización deste programa é posible grazas á achega económica que fai o Concello a través do convenio asinado con Rompetimóns, mediante o cal a administración aporta 5.000 euros para sufragar os gastos da rota e a asociación de Carril pon a disposición da iniciativa o galeón Cortegada e a tripulación para realizar o roteiro durante as fins de semana de xullo, agosto e setembro.

O galeón “Cortegada” é unha embarcación tradicional que construída hai uns anos seguindo os métodos tradicionais como réplica exacta dunha nave que operaba o século pasado en Carril, proxecto promovido por Rompetimóns que financiou o Concello. A experiencia de navegar a vela nesta embarcación tradicional é algo incomparable e moi íntimo, dado que o barco so ten capacidade para 9 pasaxeiros en cada ruta.

O programa das rutas en galeón son unha alternativa turística e de ocio que permite aos participantes gozar da experiencia de navegar a vela nunha embarcación tradicional galega e da paisaxe da Ría de Arousa, así como coñecer a riqueza natural e patrimonial da illa de Cortegada, integrada no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, arquipélago candidato á ser declarado Patrimonio da Humanidade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -