OBRAS E SERVIZOS
O Concello contrata a redacción do proxecto do ensanche e mellora de servizos na rúa O Freixo Tras chegar ao acordo e adquirir os terreos necesarios para ensanchar a Rúa do Freixo, en Vilaxoán, o Concello de Vilagarcía acaba de iniciar o procedemento para levar a cabo a obra. A Xunta de Goberno Local acordou esta semana contratar por 3.146 euros os traballos de redacción do proxecto técnico e de execución da actuación denominada “Mellora de servizos e urbanización na Rúa O Freixo” e que incluirá o ensanche da rúa, a construción dunha beirarrúa e a renovación da rede municipal de saneamento.
23.05.2019.- A obra prevista ten como principal obxectivo solucionar os problemas no servizo do alcantarillado que sofren dende hai anos os veciños da Rúa O Freixo, con frecuentes avarías e desbordamentos da rede. Maila a intención do goberno local de renovar o antigo saneamento para acabar cos problemas, a estreitez da vía impedía levar a cabo a actuación, xa que a maquinaria precisa para acometer a obra non collía. Dada esta circunstancia o goberno negociou cos propietarios de Coinba a compra da franxa de 551,60 metros cadrados de terro para proceder ao ensanche. A compra materializouse hai unhas semanas por importe de 15.000 euros, deixando libre de obstáculos a actuación.
Unha vez se dispoña do proxecto técnico e se coñeza o importe das obras a realizar, a intención do executivo é incluír a partida económica nos orzamentos de 2019, aínda por aprobar, licitar a obra e executala este mesmo ano.