_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
O Ágora Vermú continúa o domingo na Baldosa cos ritmos contaxiosos dos Cachas&Cousins

A zona de viños da Baldosa será o escenario no que recalará este domingo, 26 de maio, o ciclo de concertos matutinos do Ágora Vermú programado pola Concellería de Cultura. Os encargados de animar a sesión son os compoñentes de Cachas&Cousins, unha numerosa formación compostelá caracterizada polos seus ritmos contaxiosos e as súas versións coas que actualizan clásicos dos tempos das nosas avoas que animan a ser cantados por todo o público. O concerto terá lugar na confluencia das rúas Valentín Viqueira, A Baldosa e Rey Daviña e comezará ás 13:00 horas.
24.05.2019.- Cachas&Cousins nace en Santiago de Compostela no ano 2014 da unión de certas inquedanzas que xorden no interese dos seus membros pola música xamaicana e os seus ritmos contaxiosos. A formación recolle, mestura e reinterpreta estes ritmos antigos, levándoos a súa propia particularidade. Inclúe no seu repertorio clásicos da escena rocksteady, do R&B e do soul xamaicano, principalmente deses anos 60, e algúns outros temas, clásicos de todos nos, como “Bésame mucho”, “La llorona” ou “Perfidia”, levados á linguaxe musical nese eido. Esta proposta tenta reproducir o formato de orquestra rocksteady, especialmente pensada para o directo.

Cachas&Cousins son: Nerea Vello e Dolores Rey (voces), Pablo Vázquez (guitarra), Diego Novoa (baixo), Alexander Fill (saxo), Juan Lindín (trompeta), Adrián Moro (percusión) e Fran Trilli (batería).
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -