_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Rematan as obras de accesibilidade e mellora estética na rúa Os Duráns

As obras de humanización e mellora da accesibilidade na rúa Duráns remataron esta semana. A beirarrúa comprendida entre a Praza Xoán XXIII ao cruce con Eduardo Pondal ensanchouse ata os 3 metros e elimináronse todas as barreiras arquitectónicas co que os veciños xa poden transitar por ela sen dificultade e con total comodidade. A actuación levada a cabo polo Concello mellora considerablemente a imaxe desta céntrica rúa que se decorou con maceteiros ornamentais. A semana que entra levarase cabo o asfaltado do carril de circulación.
25.05.2019.- A empresa Bespi Construcciones foi a encargada de levar a cabo a cabo a actuación que consistiu en ensanchar unha das beirarrúas co obxecto de aportar comodidade aos peóns -especialmente para os que teñan problemas de mobilidade- e permitir o paso e acceso de cadeiras de rodas ou carros de bebés. Tamén se eliminaron as barreiras arquitectónicas e se melloraron as redes de auga e saneamento.

O Concello de Vilagarcía investiu nesta obra 46.945 euros que se financiaron con fondos do Plan Concellos da Deputación. Trátase da primeira actuación dun plan más ambicioso de humanización que está previsto levar a cabo en todo o barrio de Os Duráns e que segundo os plans do executivo que preside Alberto Varela, continuará coa mellora estética e de accesibilidade do primeiro tramo da rúa Aquilino Iglesias Alvariño, que tamén sufrirá unha importante mellora estética, e será de acceso peonil salvo para entrada ao párking.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -