_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CONCELLO
O Concello ensanchará o camiño da Fonte de Faxilde grazas á cesión de terreos dun veciño

O Camiño da Fonte de Faxilde poderá ensancharse grazas ao acordo acadado entre o Concello e un propietario da zona que accedeu a ceder gratuitamente a superficie de 80 metros cadrados que permitirá acondicionar a zona máis próxima ao lavadoiro. A cesión fíxose efectiva e comunicada á Xunta Local de Goberno esta semana, polo que o Concello xa ten vía libre para poder realizar a obra que beneficiará aos veciños da zona e que permitirá mellorar a contorna da fonte-lavadoiro e axustar as alineacións ás recollidas no PXOM.
31.05.2019.- O concelleiro de Relacións Veciñais, Lino Mouriño, que se encargou das negociacións, quixo facer público o agradecemento do goberno local ao propietario pola súa colaboración desinteresada e que repercutirá en beneficio da comunidade. Este sistema de colaboración entre o Concello e propietarios privados estase a levar a cabo en diferentes puntos do municipio. Un dos últimos, en Cea, onde o Concello e Comunidade de Montes colaboran para a mellora de camiños e de seguridade vial. Os comuneiros cederon terreos para ensanchar un tramo da Rúa do Cristo de Cea e tamén para abrir a saída dun camiño na zona de O Vento retranqueando a marquesiña da parada do autobús que se atopa enriba da estrada do Pousadoiro (ao pasar o tanatorio) e que dificulta a incorporación dos vehículos á estrada xeral. A cambios das cesións, o Concello executa as obras que benefician a toda a comunidade.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -