_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Corenta rapaces de 8 a 16 anos poderán participar nos Campamentos Urbanos Medioambientais do Concello

A Concellería de Xuventude pon en marcha dous Campamentos Urbanos Medioambientais destinados a nenos e nenas de 8 a 16 anos a desenvolver durante o mes de xullo. O programa dos campamentos inclúe actividades lúdicas, dinámicas, ao aire libre combinadas con outras de coñecemento do medio natural, histórico e cultural do municipio, que se desenvolverán en horario de mañá e tarde. Ofértanse 20 prazas para cada un dos campamentos. O do grupo de idade de 8 a 11 anos realizarase do 8 ao 14 de xullo e o de 12 a 16 anos, do 15 ao 21 de xullo. A participación é totalmente gratuíta e o prazo de inscrición ábrese o luns, 3 de xuño.
01.06.2019.- O Campamento Urbano Medioambiental é unha alternativa de ocio activo da Concellería de Xuventude para que a rapazada poida ocupar parte das súas vacacións estivais dun xeito divertido e didáctico, compartindo o tempo con xente da súa mesma idade á vez que traballan os valores de coidado e respecto do medio. Ademais, os campamentos teñen unha importante compoñente conciliadora para que as familias poidan compatibilizar a súa vida laboral durante as vacacións escolares.

O programa dos campamentos e similar para os dous grupos, aínda que adaptado ás idades dos participantes. Entre as excursións previstas están unha visita guiada á Cortegada -territorio do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas-, ao Museo do Ferrocarril, ao Refuxio de Animais de Pinar do Rei, á Praza de Abastos, ao Castro de Alobre e ao Xardín Botánico Enrique Valdés Bermejo. Tamén realizarán actividades nas praias da Compostela-A Concha, navegarán en kayak, farán sendeirismo por Xiabre e ata un obradoiro de instrumentos musicais.

Os campamentos desenvolveranse durante todo o día, con horario de 10 a 19.00 horas, excepto a xornada de clausura que só terá actividade de mañá. O punto de encontro e recollida será sempre no Auditorio. Os participantes van sempre acompañados de monitores e coidadores.

Os interesados en participar nos Campamento Urbano Medioambierntal deben inscribirse entre o 3 e o 21 de xuño presentando a solicitude cuberta, xunto coa documentación especificada na mesma, no Rexistro do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13.45 horas. En caso de que as solicitudes superen o número de prazas dispoñibles, adxudicaranse mediante sorteo público a celebrar o 25 de xuño no Concello. A lista de admitidos publicarase o día 16 de xuño.

O formulario de inscrición e as bases do campamento están dispoñibles na Concellería de Xuventude no taboleiro de anuncio desta web e na sede electrónica.

Formulario de inscrición:
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -