_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Vilagarcía concorre a outra convocatoria europea para executar a rede de ciclovías

O Concello de Vilagarcía concorrerá a unha nova convocatoria de axudas europeas. Neste caso para financiar a execución da rede de ciclovías no termo municipal. A Xunta de Goberno Local acordou esta semana presentar a iniciativa ao entender que a creación de infraestruturas para fomentar o uso da bicicleta como mediode desprazamento alternativo aos coches, ten perfecta cabida nesta liña de axudas destinadas especificamente a financiar "proxectos singulares de entidades locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono". Este programa cubre o 80% do custe dos proxectos seleccionados, o que suporía un importante aforro para o Concello de Vilagarcía.
01.06.2019.- A construción da rede de ciclovías en Vilagarcía está presupostada en 1.970.614 euros dos cales 488.766 xa foron incluídos no Programa Operativo de Crecemento Sostible FEDER 2014-2020 das EDUSI a través do proxecto do "Vilagarcía Avanza". Consecuentemente, o custe da actuación presentada a esta nova convocatoria ascende a 1.481.848 euros, polo que a solicitada a través do Ministerio de Transición Ecolóxica -que xestiona esta convocatoria do programa FEDER- ascende a 1.185.478 euros, aos que o Concello tería que sumar os 296.339 euros correspondentes ao 20% restante.

O estudo do trazado da rede de ciclovías en Vilagarcía foi redactado polo gabinete vigués Jam 2 Arquitectos, gabinete especializado neste tipo de infraestruturas para o desprazamento en bicicleta polas cidades.

Segundo o estudo realizado, a rede de ciclovías estruturarase a través dun trazado principal composto por tres infraestruturas principais que atravesen a cidade, e unha rede secundaria de forma radial que permita a intercomunicación entre todas elas. As ciclovías do eixo principal serán a que discorra entre o Piñeiriño e a rotonda das Carolinas pasando pola Avenida Rodrigo de Mendoza; unha segunda que partindo das Carolinas chegue ao Ramal e continúe pola Avenida da Mariña, e nunha terceira fase, as ciclovías principais que chegarán a Vilaxoán e a Carril.As características das ciclovías variarán en función da densidade e do tipo de tráfico co que teñan que convivir. Polo xeral, serán carrís de 2,5 metros de ancho e bidireccionais, que se colocarán a un dos lados da calzada e que se delimitarán con pivotes específicos deste tipo de infraestruturas para diferenciar os usos das distintas zonas da vía e para aportar seguridade.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -