_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
POLICÍA LOCAL
O Concello adxudica o renting para a renovación de tres vehículos da Policía Local

A Xunta Local de Goberno adxudicou hoxe o contrato de arrendamento a través do sistema de renting de tres vehículos para a Policía Local durante un prazo de 48 meses. O Banco Santander foi a adxudicataria do contrato que ten un importe total de 148.222,08 euros (IVE incluído) e mediante o cal a Policía local recibirá tres coches completamente novos, modelo Toyota Prius, híbridos e dotados con todos os equipamentos e especificacións que contempla a lei para os automóbiles policiais. O contrato tamén inclúe servizo de mantemento. Estes vehículos substituirán a outros tres que xa acumulaban anos de uso continuado, no marco do proceso de renovación do parque móbil da Policía Local que está a levar a cabo o Concello e permitirá á Garda local prestar servizo con medios condicións óptimas.
10.06.2019.- Entre as prestacións incluídas no contrato atópanse o servizos de mantemento e reparacións na propia concesionaria da marca, ademais dos seguros a todo risco e cunha ampla cobertura. Os novos coches patrulla entregaranse completamente pintados, rotulados e equipados segundo o establecido por lei, ademais de contar cos equipos luminosos e acústicos propios dos coches policiais. Entre os equipamentos incluídos no contrato, cada vehículo virá dotado de botiquín, cristais escurecidos, dúas lanternas policiais, extintor, prancha e barra de separación entre os asentos dianteiros e posteriores con soporte de defensas policiais e emisora compatible co sistema de comunicación da Policía, entre outros elementos.

Unha vez comunicada a adxudicación e asinado o contrato, a adxudicataria disporá de un prazo de 2 meses para entregar os vehículos, completamente acondicionados e dotados.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -