_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
A aula itinerante de EduCaixa invita á rapazada a usar o enxeño a través dos obradoiros Creactivity

A Obra Social “la Caixa” en colaboración co Concello de Vilagarcía volve a organizar unha interesante actividade no municipio. Neste caso trátase do obradoiro itinerante “Creactivity”, un espazo interactivo pensado para fomentar o enxeño e a creatividade de estudantes de entre 6 a 16 anos. A aula móbil, dotada con modernos equipos e interesantes actividades, estará aberta ao público na Praza da II República dende hoxe, luns, 10 de xuño, ata o venres, 14. As visitas son totalmente de balde, reservándose o horario de mañá para os grupos escolares e o de tarde (de 16 a 18:30 horas) para o público en xeral.
10.06.2019.- Creactivity propón diferente tipo de obradoiros e actividades para, de forma lúdica e entretida, espertar o enxeño de nenos e nenas e axudarlles a sentirse cómodos nunha sociedade cambiante. A través dun contexto innovador de aprendizaxe, Creactivity propón atopar solucións orixinais para problemas sinxelos, e anima a ser creativos e aprender dos erros, potenciando a innovación a través da experimentación e o pensamento crítico e creativo.

O espazo permite aos rapaces e rapazas investigar, formular retos concretos, pensar solucións, inspirarse, compartir, colaborar, improvisar, traballar en equipo e moito máis. Os alumnos traballarán competencias transversais no ámbito matemático, científico e tecnolóxico. Ademais, a unidade móbil está perfectamente adaptada para facilitar o acceso de persoas con mobilidade reducida.

O espazo conta con diferentes áreas para poñer en práctica distintas habilidades: a zona de Mecánica, con espazos de engrenaxes, mecanismos, bolas e máquinas de pinball; a zona do Vento, con tubos de vento; a zona da Electricidade; e a zona da Luz, co sistema stop motion que se usan películas de animación.

Os obradoiros interactivos Creactivity seguen un sistema de aprendizaxe inspirado no movemento Tinkering do Exploratorium de San Francisco, que mestura tecnoloxías dixitais e físicas para o deseño creativo, a construción e a personalización de obxectos e artefactos cun obxectivo lúdico ou utilitario.

O espazo Creactivity enmárcase no programa EduCaixa, que engloba a oferta educativa da Obra Social “la Caixa”, e cuxo fin é promover e impulsar a transformación da educación e responder así ás necesidades da sociedade do século XXI. O seu obxectivo principal é fomentar o desenvolvemento competencial do alumnado e ofrecer á comunidade educativa recursos, actividades e prácticas educativas que cumpran este fin.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -