_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A concelleira e os técnicos da Xerencia asisten ao V Congreso APLU de disciplina urbanística

A concelleira de Urbanismo e Mobilidade, Paola María, xunto cos dous técnicos da Xerencia de Urbanismo e a asesora xurídica do departamento asisten estes días ao simposio organizado pola Axencia de Protección da Legalidade Urbanística de Galicia co obxectivo de coñecer casos prácticos e as opinións de expertos nacionais e internacionais sobre os modelos de desenvolvemento e crecemento sostible das cidades, así como informarse sobre os cambios na lexislación e procedementos administrativos relacionados coa materia. O V Congreso sobre Disciplina Urbanística organizado pola APLU comezou onte en Santiago de Compostela e rematará mañá.
11.06.2019.- Este simposio, que se vén desenvolvendo con carácter anual dende o ano 2015, ten como obxectivo o intercambio e divulgación de ideas, coñecemento e experiencias que permitan contribuír a avanzar no camiño cara a un verdadeiro desenvolvemento urbanístico sostible.

Baixo o lema “Estado do Urbanismo e Retos para o Futuro”, esta edición estrutúrase en catro áreas temáticas. A primeira céntrase na necesidade de afrontar un novo modelo urbano, abordando o estudo das Axendas Urbanas e conceptos como o de cidade próxima. A continuación, analizarase a interrelación do urbanismo con determinadas políticas públicas. Un terceiro bloque tratará as cuestións máis actuais no eido da intervención administrativa. Nunha sesión final, como xa vén sendo habitual neste Congreso, o debate xirará sobre as perspectivas para o futuro.

O desenvolvemento sostible 2010 marcado polas axendas urbanas española e internacionais, A cidade próxima, a incorporación das políticas de vivenda á planificación urbanística, a mobilidade como eixo do desenvolvemento urbano sostible e a integración de políticas de xénero no urbanismo, foron algúns das temáticas abordadas na sesión de onte. Para a sesión de hoxe, a delegación vilagarciá tiña previsto asistir aos relatorios sobre execución de sentenzas urbanísticas e a mediación extraxudicial, sobre a anulación de licenzas e demolicións urbanísticas e sobre as medidas lexislativas para a seguridade xurídica do urbanismo.

Fomentar a participación, o debate e a reflexión marca a folla de rota na celebración destes Congresos. Por iso, ademais de reunir a recoñecidos especialistas na materia urbanística, tanto de ámbito nacional como internacional, poténciase o espazo para a participación activa de todos os asistentes.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -