_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
AVISOS
Cortes de tráfico o venres 14 de xuño polo paso do tren portuario

A Policía Local advirte dos cortes de tráfico que se producirán mañá, venres 14 de xuño, como consecuencia do paso do tren que transporta mercancías ao Porto de Vilagarcía. A circulación na Avenida Rosalía de Castro cortarase á altura do cruce do Ramal e eliminarase o carril de circulación de Rivero de Aguilar e Valle-Inclán (ata o depósito de auga) en sentido Vilaxoán. Os cortes realizaranse ás 11.40 horas e ás 20.15 horas. Recoméndase usar as vías de circunvalación.
13.06.2019.- O próximo día 14 de xuño, venres, haberá cortes de tráfico con motivo do PASO O TREN PORTUARIO, nos seguintes horarios:
1. Paso da estación de ferrocarril cara o porto 11:40 horas.
2. Regreso do porto cara a estación de ferrocarril 20:15 horas.
Baixará da estación de ferrocarril atravesando Rosalía de Castro na glorieta do Ramal e continuando por Rivero de Aguilar e Valle Inclán, ata entrar na zona portuaria, na glorieta do depósito, se producirá un peche do tráfico que afectará a Rosalía de Castro nos dous sentidos, a Rivero de Aguilar, nos dous sentidos e a Valle Inclán no sentido de Vilagarcía a Vilaxoán.
O peche durará aproximadamente dez minutos (se non se produce ningún inconveniente)
Recomendase o uso das vías de Circunvalación.
O operativo corre a cargo da Autoridade Portuaria, prestando apoio a Policía Local en dous puntos:
o No cruce do Ramal, mentres esté cortada a vía, para informar e desviar o tráfico en dirección Carril a través do desvío da subida de la estación, Ramón López Piñeiro e López Ballesteros para continuar por A Torre-Guillán e saír de novo a Rosalía de Castro.
o E na rotonda do Obelisco, para cortar o tráfico que pretenda dirixirse a Vilaxoán a través de la rotonda do Cavadelo.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jun 2019  
L
M
X
J
V
S
D
         
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -