_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SERVIZOS SOCIAIS
Nove familias foron aloxadas no piso de acollida do Concello dende a súa posta en marcha hai dous anos

A propiedade que o Concello de Vilagarcía dedicou hai dous anos a piso de acollida está prestando un gran servizo humanitario e social. Dende a súa posta en marcha o maio de 2017, un total de 9 familias aloxáronse de forma temporal na vivenda de titularidade municipal xestionada por Cruz Vermella mediante o acordo acadado coa administración municipal. Das 30 persoas que conformaban estas 9 familias, a maioría eran nenos e nenas (13), xunto con 8 varóns e 9 mulleres, todos eles adultos.
17.06.2019.- O Concello obtivo o piso a través da doazón realizada por Juana Melón García que no seu testamento fixo estableceu que a vivenda se dedicara a fins sociais. Tras acondicionalo e equipalo debidamente, o goberno socialista cedeu temporalmente e de forma gratuíta o uso do piso á Cruz Vermella para o desenvolvemento do programa integral de acollemento de persoas refuxiadas con protección internacional, dando cumprimento, por un lago a última vontade de Juana Melón e, por outro, colaborando cunha causa humanitaria de dimensión internacional. Concello e Cruz Vermella regularizaron esta colaboración a través da sinatura dun convenio no que, a cambio da cesión do inmoble para o fin sinalado, a organización encargábase da súa xestión e da atención ás persoas acollidas.

O acollemento neste piso responde á necesidade básica e urxente que se atopan ás persoas refuxiadas, especialmente as familias con fillos menores, cando chegan ao novo país sen máis medios que o que levan posto. O aloxamento neste piso non é permanente, é unha medida provisional que se lles ofrece ata o momento de que poidan desenvolverse de forma autónoma. Para logralo, e tal como se recolle no convenio que o Concello asinou con Cruz Vermella, a organización, ademais de cubrir as necesidades básicas dos inquilinos (aloxamento e manutención), proporciónalles ferramentas para a súa integración social a través da atención social individualizada, alfabetización e aprendizaxe do castelán, obtención de documentación, elaboración dun itinerario de inserción socio-laboral e apoio na busca de vivenda. O obxectivo é que os beneficiarios do programa poidan iniciar unha nova vida de forma autosuficiente.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -