_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O novo goberno de Varela mantén a estrutura do anterior mandato á vez que potencia novas áreas

O alcalde de Vilagarcía, o socialista Alberto Varela Paz, asinou este mediodía as resolucións das delegacións de funcións e reparto de áreas do novo goberno que, tras as pasadas eleccións do 26 de maio, outorgaron aos socialistas a maioría absoluta con 12 das 21 actas da Corporación. Mantendo case sen cambios a estrutura básica do anterior mandato “por terse demostrado a súa eficacia e para aproveitar a experiencia e coñecemento dos concelleiros fronte as súas áreas”, o rexedor socialista aproveitou o marxe de manobra que lle supón contar con catro edís máis nesta nova etapa para “distribuír de forma máis equitativa a carga de traballo e para reforzar e potenciar áreas que consideramos de especial importancia para Vilagarcía”.
19.06.2019.- Na rolda de prensa na que se dou a coñecer as delegacións da Alcaldía, Varela -que compareceu rodeado de todos os concelleiros do goberno, coa excepción de Matilde Laya debido a obrigas laborais- explicou que o reparto resultoulle doado porque “tiña claro de antemán a estrutura que debía seguir este goberno” e polas facilidades que lle deron os seus 11 concelleiros, “que se puxeron a miña completa disposición sen ningún tipo de reserva”. O alcalde engadiu que simplemente tivo que falar con cada un dos concelleiros electos para coñecer a súa opinión e preferencias e conxugar isto cos obxectivos marcados para o mandato e co modelo de cidade no que xa levan catro anos traballando.

COMPOSICIÓN DO GOBERNO LOCAL

ALCALDE: Alberto Varela Paz.
Delegacións:
• SERVIZOS SOCIAIS, IGUALDADE E PERSOAS MAIORES: Tania García Sanmartín.
• EDUCACIÓN E DEPORTES: Argimiro Serén Mera.
• URBANISMO, MOBILIDADE E XESTIÓN DOS FONDOS EUROPEOS (FEDER): Paola María Mochales.
• OBRAS, ALUMEADO PÚBLICO E RELACIÓNS VECIÑAIS. Lino Mouriño Santiago.
• CULTURA, NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E PERSOAL: Sonia Outón Casal.
• TURISMO, NOVAS TECNOLOXÍAS E ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA: Álvaro Carou García.
• ECONOMÍA E FACENDA: Luz María Abalo Pérez.
• MEDIO AMBIENTE, PARQUES, XARDÍNS E PRAIAS: Diego García Santiago.
• PROMOCIÓN ECONÓMICA, EMPREGO E XUVENTUDE. Alba Briones Gamarra.
• POLICÍA LOCAL, SEGURIDADE CIDADÁ E EMERXENCIAS: José María González Araújo.
• SANIDADE, CONSUMO E BENESTAR ANIMAL: Matilde Laya Lorenzo.

Varela manifestou o seu convencemento en que este reparto “é un bo modelo de traballo, que nos vai permitir atender a xestión municipal, tanto cara dentro, como cara fora; que nos permitirá seguir avanzando nun modelo de cidade que continuará mellorando Vilagarcía e os servizos que o Concello presta aos vilagarciáns; así como xestionar e demandar ante as demais administracións todo o que a Vilagarcía lle corresponde por dereito propio”.

O alcalde tamén comentou que a súa intención é celebrar coa maior brevidade posible o Pleno organizativo no que se establecen aspectos como as liberacións, retribucións da Corporación e nomeamento de representantes na Mancomunidade, Autoridade Portuaria e composición doutros órganos municipais. A previsión sería celebrar o Pleno na primeira quincena de xullo, a máis tardar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -