TERCEIRA IDADE
Á venta ás últimas entradas para o xantar da Romaría dos Maiores deste sábado As entradas para participar no xantar da Romaría dos Maiores o sábado, 29 de xuño, están a punto de esgotarse. Os interesados en participar no almorzo da gran festa anual organizada pola Concellería de Persoas Maiores aínda están a tempo para facerse coas últimas entradas. Simplemente terán que dirixirse á oficina municipal e adquirir o billete que custa 7,50 euros e, ademais recibirán unha xerra de vidro de agasallo. Con excepción do xantar, os demais actos organizados durante a xornada son de acceso libre e gratuíto para todas aquelas persoas que desexen pagar un día de festa e xogos en Fexdega.
24.06.2019.- A Área de persoas Maiores xa ten todo organizado para realizar a esperada festa anual de confraternización na que haberá actuacións musicais, baile, gastronomía, xogos e premios. Un total de 550 comensais poderán participar no almorzo consistente nun menú a base de empanadas variadas, lagostinos, carne ao caldeiro, sobremesas, pan viño, auga, refrescos, café e licores. A Concellería das Persoas Maiores organiza e subvenciona este encontro de verano a efectos de que os asistentes poidan gozar da xornada de diversión a un prezo asumible por todos os petos. O departamento que dirixe Tania García invita ao almorzo a un grupo de residentes da Residencia Divina Pastora.
A festa en Fexdega comezará a mediodía onde antes do xantar actuará a Coral Rosalía de Castro. Durante a xornada celebraranse os tradicionais concursos de baile, rá e chave e tamén se renderá homenaxe ao home e á muller de maior idade presentes na festa. A sobremesa estará amenizada polo grupo musical Los Tres Latinos, que animará o baile por cortesía da Deputación Provincial.