_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
A nomenclatura “clasclás” recibe un bronce nos prestixiosos premios Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual

A nomenclatura do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía, o “clasclás”, acaba de ser galardoada cun bronce no máis prestixioso certame de Deseño Gráfico que se celebra en España: os Premios Laus de Deseño Gráfico e Comunicación Visual. A nomenclatura é unha creación de Rocío Lueiro Rey, deseñadora Gráfica da área de Comunicación Social do Concello e de Manuel Villaronga, responsable da Área. O “clasclás” competía no apartado de naming, que valora o axuste da nomenclatura ao concepto sobre o que se aplica, e o xurado valorou entre outros aspectos, o xogo coa sonoridade e a linguaxe universal, así como a frescura e modernidade que transmite.
24.06.2019.- Máis de mil propostas nacionais e do estranxeiro concorreron á 49 edición dos premios convocados pola Asociación de Deseñadores Gráficos e Directores de Arte del FAD, ADG-FAD nas cinco categorías establecidas, sendo valorados por xurados específicos compostos por profesionais, nacionais e internacionais, de gran prestixio no sector. Cómpre salientar que a proposta da Área de Comunicación do Concello foi unha das poucas non elaboradas por axencias especializadas neste tipo de creacións, o que lle engade, si cabe, aínda máis mérito ao galardón. Ademais, advertir a rigorosidade do xurado da categoría "naming", que decidiu deixar deserto o primeiro premio, o correspodente ao Ouro.

No caso da proposta vilagarciá, á hora de crear o nome para o festival de música clásica de Vilagarcía. Os creadores tiveron en conta a internacionalidade do mesmo e aos distintos públicos ao que se dirixe o evento organizado polo Concello de Vilagarcía. Para elo, xogouse coa linguaxe universal e optouse pola busca dunha onomatopea na que se funden o concepto de música “clásica” e a sonoridade do aplauso final “plás plás!”. Así é xurde o nome do Festival Internacional de Música Clásica de Vilagarcía de Arousa, o “clasclás”, un naming único, serio e lúdico á vez, lexible e recoñecible en calquera idioma e que eleva o local ao global.

A concesión deste bronce nos prestixiosos Premios Laus supón outro recoñecemento de calidade ao Festival de Música Clásica de Vilagarcía, que non se limita unicamente ao apartado musical propiamente dito, se non que vai implícito en todo o que o rodea, dende o nome, á imaxe corporativa pasando pola a posta en escena.

Este galardón súmase ao obtido en 2007 pola identidade corporativa do Concello de Vilagarcía que quedou finalista nos LAUS dese ano no apartado de “Comunicación Institucional” foi unha proposta de Medina Vilalta que gañou o concurso convocado polo Concello en base aos criterios establecidos pola Área de Comunicación para o deseño da identidade corporativa da institución local. Tamén foron destacados ese ano os proxectos da Xunta de Estremadura ou da Deputación de Barcelona.

https://www.adg-fad.org/es/laus/premiados?page=10
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -