CULTURA
Galicia e Irlanda estreitan lazos a través do seminario bilateral baseado na obra de Plácido Castro O Salón García acolle mañá pola tarde o seminario “A Irlanda de Plácido Castro”, unha xornada na que os dos países de raíces celtas estreitarán lazos a través da obra do erudito e tradutor de Corcubión. Profesores e doutores das universidades galegas e irlandesas actuarán como relatores no seminario que ten como complemento a exposición fotográfica que se pode visitar ata finais do vindeiro mes na sala de exposicións Antón Rivas Briones.
25.06.2019.- Estas dúas importantes actividades de carácter internacional organizadas pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Embaixada de Irlanda, o Concello de Vilagarcía e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
O seminario de mañá ten como obxectivos divulgar o relato literario e fotográfico da viaxe de Plácido Castro á Irlanda de 1928 e, en especial, ás illas Blasket, ademais de significar e promover a proximidade entre Galicia e Irlanda. Programa
16.00 Apertura 16,15 Irlanda en tempos de Plácido Castro David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña. 17,00 O galeguismo e Irlanda Uxío Breogán Diéguez-Cequiel, doutor en Historia Contemporánea e profesor na Universidade da Coruña. 17,45 Pausa-café 18,00 A viaxe de Plácido Castro a Irlanda en 1928. David M. Clark, Director do Instituto Universitario de Estudos Irlandeses 'Amergin', Universidade da Coruña. 18,45 Relacións culturais entre Galicia e Irlanda: de onte a hoxe. Manuela Palacios González, Profesora Titular de Literatura Inglesa na Universidade de Santiago de Compostela. Keith Payne, crítico e tradutor; Lector de Inglés na Universidade de Vigo. 19,45 Clausura
A maiores, continua a exposición “A Irlanda de Plácido Castro”, que reproduce 45 instantáneas realizadas polo intelectual de Corcubión durante a súa viaxe a Irlanda en 1928. Agrupadas en catro seccións (xentes, vida, patrimonio e paisaxe), as fotografías constitúen un vivo testemuño de gran interese, especialmente as relativas ás illas Blasket.