_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello de Vilagarcía celebra o xoves o pleno organizativo para novo mandato

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, convocou para o xoves, 27 de xuño, ás 17:00 horas o Pleno organizativo para o novo mandato que acaba de iniciarse. Entre outros asuntos, nesta sesión constitúense os grupos municipais, establécense asuntos como a periodicidade das sesións, as retribucións de membros do goberno e dos demais membros da Corporación e procédese ao nomeamento de representantes da Corporación en órganos colexiados. Ademais, o alcalde dará coñecemento oficial ao Pleno das competencias e delegacións dos membros do goberno anunciadas hai uns días.
26.06.2019.- A Corporación Municipal deberá aprobar o xoves a composición das comisións informativas permanentes, así como a elixir e nomear aos representantes do Concello en órganos colexiados supramunicipais ou doutras administracións. Estes puntos son de grande interese para o municipio en canto á toma de decisións no seo de órganos como A Mancomunidade do Salnés ou a Autoridade Portuaria que teñan especial relevancia ou afecten directamente a Vilagarcía.

Así, o Pleno deberá elixir aos 2 edís que representarán ao Concello de Vilagarcía na Mancomunidade, a maiores do alcalde, que ten designación directa. Tamén haberá que elixir aos 2 representantes do Concello no Consello de Administración da Autoridade Portuaria. Neste punto, o executivo propón a dous membros do goberno socialista.

En canto á organización do goberno local, e tendo en conta que os socialistas contan neste mandato con 12 concelleiros, propóñense 6 liberacións, aparte da do propio alcalde. Deste xeito respéctase a mesma proporción que no anterior mandato cando, con 8 concelleiros, o goberno dispuxo de 4 liberacións máis a do rexedor. As concellerías liberadas serán as que ocupen a tenente de alcalde, Tania García e os concelleiros Lino Mouriño, Paola María, Sonia Outón, Álvaro Carou e Alba Briones. O número de postos de confianza tamén se mantén en 2 persoas para desempeñar os postos de Secretario Persoal do Alcalde e Director da Fundación Municipal de Deportes.

A proposta de retribucións económicas para os membros do goberno liberados sitúase na liña do resto dos concellos da contorna e faise tendo en conta a entidade e o peso poboacional de Vilagarcía. En base a isto, proponse un incremento xeral do 10%, cifra equiparable á subida que percibirán os funcionarios públicos ata 2020 en compensación á perda de poder adquisitivo que lle supuxeron os recortes de salarios adoptados polo Estado durante os anos da crise.

Así, o soldo do alcalde pasa dos 48.000 euros brutos anuais que cobrou nos últimos catro anos, aos 52.799,98. A pesar do incremento, a cifra non chega ao máximo que permite a lei para concellos de 20.000 a 50.000 habitantes, que se sitúa nos 58.372 euros. Co aumento do 10%, a tenente de alcalde pasará a cobrar 34.761,80 euros brutos anuais, e os demais concelleiros liberados, 30.445,80 euros ao ano.

En canto aos dous postos de confianza, as retribucións tamén serán lixeiramente superiores respecto ao anterior mandato, pasando dos 23.445,94 euros brutos anuais aos 27.678.

O custe total dos órganos de goberno ascende a 295.146’79 euros anuais, 49.661 euros máis que no anterior mandato, o que vén a representar o 1,08% do orzamento municipal de 2018.

A proposta que o alcalde elevará ao Pleno organizativo tamén inclúe un aumento nas indemnizacións que cobran todos os membros da Corporación Municipal por asistencias aos Plenos que pasa de 110 a 130 euros, ao igual que polas Xuntas de Goberno. As asistencias a Comisións Informativas mantéñense en 110 euros, e tampouco sofren variación as asignacións a grupos municipais que recibirán 300 euros ao mes por grupo, máis outros 300 euros por cada concelleiro.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -