_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Costas inicia a recuperación de áridos na praia do Preguntoiro

Tal como xa se tiña anunciado e acordado entre Costas, o Concello e a agrupación de mariscadoras de Vilaxoán, o departamento estatal iniciou hoxe os traballos de recuperación da area que o mar arrastrou cara a lámina de auga. A maquinaria comezou a traballar a primeira hora da mañá, aproveitando a marea baixa, e a previsión é que a praia distinguida coa Bandeira Azul volva e a estar en perfectas condicións para o seu uso por parte dos bañistas esta semana.
01.07.2019.- O inicio dos traballos por parte de Costas foi comunicado ás mariscadoras que xa hai uns días remataron a retirada do marisco da zona na que se vai a recoller a area que se levou a acción do mar.

Como xa se comentara, a actuación acordada cos técnicos de Costas consistirá en recuperar os áridos levados cara o interior da lámina acuática para volvelos a depositar na zona seca da que foron arrastrados. A actuación coordinouse coas mariscadoras por afectar a unha zona de explotación, contándose dende un principio coa súa total colaboración e disposición para favorecer e compatibilizar o uso marisqueiro e turístico da Praia do Preguntoiro, un dos principais recursos de Vilaxoán.

O acto de izado da bandeira azul no areal levarase a cabo tan pronto como remate o movemento da area.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -