_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Xa está operativo o novo estacionamento público do pavillón de deportes de Fontecarmoa

O complexo multideportivo de Fontecarmoa contan dende hoxe cunha nova bolsa de estacionamento público xusto a carón do pavillón principal. O Concello xa rematou o acondicionamento como párking de parte da parcela na que se construirá o novo Cuartel da Garda Civil. Trátase dun ha superficie de 85x20 metros e que ten capacidade para albergar 50 vehículos. Esta nova bolsa súmase a outra habilitada recentemente polo Concello nas inmediacións, xusto detrás da piscina municipal, aumentando deste xeito o número de prazas de aparcamento para os usuarios das instalacións deportivas municipais.
01.07.2019.- Os operarios de Obras do Concello traballaban dende hai semanas na parcela da Garda Civil tras o acordo acadado polo Concello e o Instituto Armado para utilizar os terreos como aparcamento público ata que no comece a construción do novo cuartel. Tras a tala de árbores e os correspondentes traballos de desmonte e explanación conseguiuse habilitar esta superficie de 84x20 metros xusto na esquina situada entre a estrada de acceso ao pavillón e a propia instalación. Ademais abriuse parte do muro para favorecer a entrada e saída dos vehículos, así como para facilitar a visualización do estacionamento. Tan so queda pendente o remate da rampla de acceso peonil que quedará lista o mércores.

Esta actuación enmárcase na acción que está a levar a cabo o goberno local dende hai catro anos de xestionar con propietarios de parcelas baleiras o a súa cesión temporal de uso por parte do Concello como zonas de estacionamento. Deste xeito conseguiuse crear novos aparcamentos públicos en Carril, Os Duráns, Marxión, A Torre, O Piñeiriño e Faxilde.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -