_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CULTURA
Os grandes inventos aplicados á vida cotiá conforman a nova exposición da Fundación laCaixa en Vilagarcía

O alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela; a directora da Área de Negocio de Caixa Bank en Pontevedra, Cristina Vega; e representante de “la Caixa” en Vilagarcía, Víctor Noya; inauguraron hoxe a mostra Heroes ocultos. Inventos xeniais. Obxectos cotiás. A exposición, organizada por ”la Caixa” coa colaboración do Vitra Design Museum, e que se poderá visitar ata o 26 de xullo Avenida da Mariña co apoio do Concello de Vilagarcía de Arousa.
02.07.2019.- Nesta ocasión, a entidade trae a Vilagarcía unha innovadora mostra de divulgación do deseño de aqueles elementos que compoñen a nosa rutina e as nosas costumes. Elementos ideados para facernos a vida cotiá máis práctica e cómoda, e que teñen perdurado no tempo, algúns deles practicamente sen modificacións, transcendendo con toda seguridade as propias pretensións dos seus creadores. Inventos, todos eles, que nos pasan desapercibidos no noso día a día, acostumados xa ao seu uso habitual, pero que modularon nosa existencia de forma concluínte e evidente. O clip, a bombilla, os mistos, a fregona, a lata de conserva, o botijo, o lapis, o paraugas, o bolígrafo, a goma elástica, as notas adhesivas, a aceiteira antigoteo, e o lego son os obxectos que se recollen nesta interesante mostra e dos que se conta tanto a súa idea e obxectivo orixinario como o proceso de creación, produción e evolución dos mesmos.

Como chegaron estes obxectos a ser verdadeiros heroes ocultos? Probablemente se trate de algo relacionado con unha idea enxeñosa, aínda que facilmente comprensible. Os heroes ocultos son obxectos que foron fabricados millóns de veces, pero que seguen sendo indispensables no día a día. Demostraron a súa valía unha r outra vez e, en esencia, permaneceron inalterables durante décadas. Dito de outro modo, son clásicos cotiás.

E por que é interesante fixarse neses obxectos cotiás? Porque, en tanto que produtos industriais, encarnan ideais da modernidade que aínda hoxe son relevantes: economía de materiais, funcionalidade e durabilidade. O desexo de calquera deseñador é crear produtos perdurables como eses.
A exposición estará aberta ao público na Avenida da Mariña (fronte a Alameda) ata o 26 de xullo, de luns a domingos en horario de mañá e tarde. A entrada é de balde ao igual que as visitas guiadas que se ofrecerán cada día ás 12 e as 19 horas.

Durante alcalde, Alberto Varela, agradeceu á Fundación “laCaixa” que un ano máis conte con Vilagarcía para traer estas “interesantes e atractivas exposicións, sinónimo de calidade tanto no contido como na forma de contalas”. O rexedor invitou aos veciños a visitar a mostra que “pon en relevo a importancia da creatividade humana e resalta o valor das pequenas cousas que nos fan a vida máis sinxela e que, por pequenas que parezan son froito de grandes ideas”.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -