_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello organiza o inicio das obras de renovación da herba e mellora do campo de fútbol de Vilaxoán

O Concello de Vilagarcía xa está organizando o inicio dos traballos de mellora que vai a levar a cabo no campo municipal de fútbol de Vilaxoán co obxectivo de que as instalacións estean listas de cara ao inicio da vindeira campaña deportiva. A Xunta Local de Goberno adxudicou na reunión do luns as obras de renovación da herba artificial e de acondicionamento de muros de peche á empresa Mondo Ibérica S.A. por importe de 199.982 euros, 16.018 euros por debaixo do prezo ó que foron licitados. A empresa xa está preparando o plan de seguridade e o Concello coordinará co club San Martín as datas de inicio e plan de traballo.
04.07.2019.- O proxecto a levar a cabo durante o verán finánciase a través do Plan de Obras e Servizos 2018/19 da Deputación. As obras mellorarán considerablemente as condicións de uso do campo municipal de fútbol de Vilaxoán, tanto de cara á practica deportiva, como para o público que acude a presenciar os partidos dos clubs que fan uso das instalacións. No terreo deportivo, o cambio da herba artificial repercutirá nunha maior seguridade dos deportistas, xa que o actual céspede está moi compactado e duro debido ao uso intensivo durante toda unha década.

A nova herba artificial a instalar será de última xeración, de maior calidade e perfectamente adaptada ao uso deportivo. Ademais, cumprirá os requisitos de calidade esixidos pola FIFA. O proxecto inclúe o pintado do terreo de xogo con liñas de marcaxe para fútbol 11 e fútbol 7 conforme á regulamentación vixente. As obras aproveitaranse para levantar, limpar e revisar todas as rexillas de drenaxe perimetral do tapiz.

Reconstrución e pintado de muros
Xa fora do terreo de xogo propiamente dito, as melloras afectarán a dous dos muros do pechamento do campo. A obra máis importante afectará á parede do fondo norte que actualmente presenta problemas de inestabilidade . Este muro reconstruirase por completo en formigón armado e aceiro. O peche da banda leste acondicionarase e pintarase.

A execución deste proxecto foi un compromiso adquirido polo do goberno local no marco do Plan de Mellora das Infraestruturas Deportivas Municipais que tamén inclúe importantes obras no estadio da Lomba. Anteriormente, no campo de Vilaxoán xa se levara a cabo a reforma dos aseos públicos, unha demanda dos usuarios das instalacións deportivas.


4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -