_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
“Vilagarcía Diversa e Orgullosa” regresa este verán cun ciclo de cine LGTBI+ e a actuación de Señora DJ

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía segue traballando na reivindicación dos dereitos, na visualización e na normalización do colectivo LGTBI+ no día a día e na vida cotiá da nosa cidade. Para acadar este obxectivo e baixo o título de “Vilagarcía Diversa e Orgullosa”, o departamento que dirixe Tania García programa varias actividades a desenvolver durante os meses de verán, comezando en xullo por un ciclo de cine e coa actuación, no marco das festas de San Roque xa en agosto, de Señora DJ.
05.07.2019. A programación deseñada pola Área de Igualdade a través do CIM e do PIM (Punto de Información Municipal) LGTBI+, conta coa colaboración do Cine Club Ágeda, a través do cal será posible ver en Vilagarcía o film estadounidense “The Miseducation of Cameron Post”, dirixida por Desiree Akhavan que se estrea esta mesma semana en España. Esta película abrirá o ciclo o xoves 11 de abril e a proxección terá lugar no Salón García a partir das 21:00 horas.
Ao remate da proxección desenvolverase un coloquio a cargo dos integrantes do Grupo de Diversidade Afectivo Sexual do IES Castro Alobre, composto por alumnado do centro heterosexual e pertencente ao colectivo LGTBI que traballan durante o curso na visibilidade e loita dos dereitos do colectivo e na resolución de conflitos.

O xoves 18 de xullo proxectarase “Laurence Anyways”, unha película canadense de Xavier Dolan tras a cal se abrirá un coloquio no que intervirá Carolina Smith para relatar a súa experiencia como muller transexual na década dos 80, así como unha representante da asociación “Nos Mesmas” de Vigo.
O ciclo de cine de temática LGTBI+ pecharase cunha proxección especial de curtametraxes nos Xardíns de Ravella o martes 23 de xullo ás 22.00 horas e, como colofón realizaras a performance “Preparados, Apunten… Flores” protagonizada polo colectivo de actrices “Resaca Colectiva.

Todas as proxección son de entrada libre e gratuíta.

Por último, xa no marco das festas patronais de San Roque, o colectivo LGTBI+ terá unha nova ocasión de facerse visible no conxunto da sociedade vilagarciá dun xeito lúdico e festivo a través sa sesión vermú que terá lugar o día 17 de agosto coa actuación de Señora DJ.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -