FESTAS
San Roque 2019 xa está aquí cun programa que inclúe actividades para todos e con todos ata principios de setembro. DESCARGA AQUÍ O PROGRAMA. Víctor Manuel, Blas Cantó, Xoel López, Cristian Silva... Talento nacional, galego e local. Para todas as idades, para todos os públicos. E Festaclown, Festa da Ameixa, Revenidas, Semana de Cine, Folk no Alobre, Combate Naval, Fantasio na Rúa... San Roque 2019 xa está aquí e proponse encher as rúas de animación durante todo un mes e demostrar, unha vez, por que están declaradas de interese turístico nacional. Consulta o PROGRAMA ÍNTEGRO AQUÍ.
25.07.2019.- Aínda que as datas oficias de San Roque 2019 van do mércores 14, coa lectura do pregón a cargo do escritor Marcos Calveiro, ata o sábado 24, día do Combate Naval, o certo é que o programa deseñado pola Concellería de Cultura, en colaboración con outros departamentos (Turismo, Igualdade, Deportes...) comeza esta mesma fin de semana de xullo, coas primeiras actividades do Festaclown nas parroquias e chega ata o 8 de setembro, co Festival Ameixa Rock, en Carril.
En medio haberá de todo e para todos, desde os máis cativos aos máis maiores, pero sempre pensando en un público familiar, que e clave do éxito no modelo de festas que se comezou a aplicar hai cinco anos, segundo recordou Sonia Outón, concelleira de Cultura. Cine, maxia, humor, música de autor, música de raíz galega, un clásico como Victor Manuel, un emerxente como Blas Cantó e dous innovadores, como Xoel López e Cristian Silva, este último, ademais, vilagarcián.
Tampouco faltarán na cita algúns dos clásicos de San Roque: a festa da Auga, o Combate Naval, o Festiclown, as Revenidas de Vilaxoán e a Ameixa de Carril, pero outros que van camiño diso: o Fantasio na Rúa, o Folck no Alobre, Ás nove na praia, a Noite das Meigas ou a Expoferta de Zona Aberta.
Na presentación do programa, o alcalde, Alberto Varela, incidiu no feito de que San Roque forma parte dunha visión máis ampla da oferta lúdica, festiva e turística de Vilagarcía e que centra os seus esforzos na desestacionalización como elemento diferenciador: “Hai un pouco disfrutamos do Clasclás, agora pasou o Vilablues e xa está aquí San Roque, pero en nada chegará tambén Curtas, que xa se está convertendo noutro reclamo da cidade”. Varela felicitou, por iso, no só ás concellerías implicadas, especialmente á de Cultura, senón a todos os colectivos, institucións e patrocinadores privados que se implican na creación da imaxe de marca que xa ten Vilagarcía no eido cultural e festivo.