_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
CULTURA
O auditorio recupera a danza clásica co “Lago dos Cisnes” do Ballet Nacional Ruso

O Auditorio municipal recuperará en outubro a danza clásica da man do Ballet Nacional Ruso de de Serguey Radchenko, primeira compañía privada fundada en 1989 en Rusia, e posiblemente a mellor agrupación que xira por todo o mundo, grazas a un elenco de bailaríns e solistas estable, composto polos mellores de cada momento. A obra escollida nesta ocasión é “O Lago dos Cisnes", do compositor P. I. Tchaikovsky, a obra mais representada en todo o mundo e referencia do ballet clásico para todos os afeccionados. A gala será o domingo 27 de outubro, ás 19:00 horas. As entradas, que xa están á venda en ticketea, van dos 17 euros da zona C aos 19 das zonas A e B.
25.07.2019. Á fronte da formación como director e fundador atópase Serguey Radchenko, lendario bailarín solista do Teatro Bolshoi, quen durante moitos anos foi parella da mítica e primeira bailarina, tamén do Bolshoi, Maya Plisétskaya. Unha compañía estable con 45 bailaríns para unha xira que percorrerá os mellores teatros e auditorios de España, e que tras realizar xiras por todo o mundo segue sendo aclamada e recoñecida como unha das compañías máis prestixiosas, respectadas, valoradas e que mellor representan a esencia do ballet clásico ruso.

O Lago dos Cisnes é unha preciosa historia entre o amor e a maxia, onde se plasma a eterna loita do ben e do mal. O príncipe Sigfrido é o protagonista, que se namora de Odette, unha nova convertida en cisne polo feitizo do malvado Von Rothbart e Odile, o cisne negro e filla do bruxo.

O Ballet Nacional Ruso fudouse en 1989, cando o lendario Sergei Radchenko tentou realizar a súa visión dunha compañía que reunise aos elementos máis clásicos das grandes compañías de Ballet Kirov e Bolshoi. Desde os seus inicios, o Ballet Nacional Ruso completou numerosas xiras por Estados Unidos e Europa, con extraordinarias recepcións en Italia, Francia, España, Alemaña e os Países Baixos, ademais de Reino Unido.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2019  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2019. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -