_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
URBANISMO
O concello envía unha circular aos hostaleiros lembrando os usos das terrazas e a necesidade de respectar os dereitos dos veciños

Despois de ter recibido diversas reclamacións por parte de veciños diante do incumprimento da ordenanza de terrazas, tanto no que se refire á ocupación de espazos coma aos horarios, o Concello acaba de enviar unha circular a todos os hostaleiros que teñen unha autorización desas características, lembrándolles as súas obrigas e a posibilidade de que se apliquen sancións, de acordo coa propia ordenanza.
29.07.2019. Esta circular é unha das medidas que o propio concelleiro de Turismo pactou coa Asociación de Hostalería e Iniciativas Turísticas, Ahituvi, hai uns días. As dúas partes, administración e profesionais, están de acordo en que, dentro da flexibilidade, hai que ter sempre en conta a necesidade de conciliar todos os intereses: os dos empresarios da hostalería e dos seus clientes, pero tamén os de veciños que simplemente pasean pola rúa ou viven na mesma rúa na que está establecida esa terraza.

Deste xeito, na circular que están recibindo xa os hostaleiros, o concello lembra que a concesión dunha terraza implica un uso extraordinario do espazo público, polo que o titular da autorización debe extremar o respecto ás superficies, aforo e, sobre todo, itinerarios libres para a circulación dos cidadáns. O concelleiro de Turismo reclama tamén unha maior colaboración no cumprimento dos horarios. E lembra, neste sentido, que respectar horarios, espazos e aforo é a mellor maneira de evitar as sancións que están previstas na propia ordenanza que regula a concesión de eses espazos públicos que os hostaleiros explotan comercialmente.

Na carta, o Concello subliña os horarios de verán para as terrazas: cafés, bares e restaurantes, ata as 00:30 durante a semana e ata as 01:30 na fin de semana; pubs, discotecas e bares especiais, ata a 01:30 durante a semana e ata as 02:30 nas fins de semana. Con todo, advírtese que durante os días das festas patronais, o horario de recollida se estenderá unha hora máis, aínda que suxeito a que ese horario estea dentro do límite de apertura do propio establecemento.

A misiva aos hostaleiros conclúe con outro recordatorio dunha cuestión non menos importante: a instalación dunha terraza non pode comezar antes das 08:00 da mañá e deberá estar recollida e limpa á finalización do horario correspondente.

O concelleiro de Turismo confía en que, tal e como transcorreu a reunión previa con Ahituvi, os hostaleiros serán os primeiros interesados en facer un uso correcta da súa concesión: “as terrazas contribúen a facer unha cidade máis viva e vivida, pero iso ten que ter un límite nos dereitos dos viandantes e dos residentes”, resume Álvaro Carou.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -