_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
Aínda quedan prazas para os campamentos tecnolóxicos para a mocidade de 14 a 30 anos

A Concellería de Xuventude informa de que aínda quedan prazas para participar nos dous obradoiros tecnolóxicos que se organizan no marco do Tecnoverán co obxectivo de que a mocidade afonde nas novas tecnoloxías e nas múltiples aplicación que teñen tanto a nivel lúdico como profesional. A asistencia é totalmente gratuíta e os interesados dispoñen de prazo ata o día 22 de agosto para formalizar a súa inscrición. O campamento para rapazada de 14 a 17 anos celebrarase a primeira quincena de setembro e o de 18 a 30 anos, a segunda.
01.08.2019.- O Tecnoverán é unha proposta formativa do departamento que dirixe Alba Briones. Na edición deste ano, 40 mozos e mozas poderán adquirir coñecementos sobre as novas tecnoloxías traballando os eidos da innovación e a creatividade. Este ano celebraranse dous campamentos diferentes, o Tecnoverán, para os máis novos, e un Hackathon -Hack the Vila- para os de máis idade, cada un deles con 20 prazas.

Os contidos que se abordarán nestes campamentos teñen un claro enfoque tecnolóxico. Presentaranse as diferentes tecnoloxías que agora se están a usar no mercado (programación, robótica, deseño e programación de apps, realidade virtual, aumentada e mixta, deseño e impresión 3D, drons…, así como as tendencias de futuro da industria 4.0). A intención é que os participantes as coñezan de primeira man e aprendan a manexarse con algunha delas. Ademais, os obradoiros teñen unha compoñente transversal tendente a acadar obxectivos de empregabilidade, orientando ao alumnado cara o emprendemento baseado nas habilidades sociais e valores como o respecto persoal, a igualdade de oportunidades entre homes e muller e a sustentabilidade medioambiental.

Os impresos para inscribirse nos campamentos tecnolóxicos poden recollerse na Concellería de Xuventude ou imprimir do taboleiro de anuncios da web http://www.vilagarcia.gal e da sede electrónica do Concello- Unha vez cubertos deberán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, de luns a venres en horario de 8.30 a 13:45 horas. Os menores de idade deberán aportar ademais copia dos DNI dos pais, deles e da súa tarxeta sanitaria. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de entrada no rexistro.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -