AVISOS
As sesións de chillout na praia pospóñense ata o venres 9 de agosto O mal tempo non deslucirá as sesións de chuillout “Ás 9 na praia” xa que, en vista da previsión de choivas que dan para hoxe e mañá, a organización decidiu pospoñer o inicio da actividade ata o venres 9 de agosto. O programa mantén a duración de 6 días (do 9 ao 14 de agosto, incluídos) e o cartel sufre unha pequena variación na intervención dos Djs que amenizarán a vista dos espectaculares solpores que se poderán admirar dende o areal da Concha ao son da relaxante música chillout e saboreando algún dos cócteles que se servirán na festa.
06.08.2019.- Como cada ano, os promotores deste programa, Concello de Vilagarcía e asociación Ahituvi, habilitarán unha zona chillout con carpas, asentos, tumbonas e candís para crear un ambiente agradable e relaxante no que poder gozar das sesións que se poderán acompañar dunha variada carta de cócteles, con e sen alcohol, cervexa ou auga. As sesións desenvolverase na praia da Concha dende as 21:00 horas eta as 00:30 horas. Cada xornada contará coa música que se encargarán de pinchar varios Djs da zona. O programa é o seguinte:
Venres 09: Maefield DJ Sábado 10: Moe DJ Domingo 11: Freddie DJ (Fran García) Lunes 12: Tony Lomba DJ Set Martes 13: Moncho Lemos (Radio Galega Música) Xoves 14: K DJ