_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O Concello solicita unha reunión coa Autoridade Portuaria para abordar os horarios de paso do tren do porto

O Concello de Vilagarcía vén de solicitar unha reunión coa Autoridade Portuaria para abordar conxuntamente o paso dos trens do porto e establecer uns horarios que non resulten prexudiciais para o día a día da cidade. Dende o goberno local considérase necesario e posible compatibilizar o desenvolvemento da actividade portuaria co dos restantes sectores produtivos do municipio, razón pola cal estase a traballar na elaboración dunha proposta alternativa de horarios para que o paso do tren portuario cause as menores molestias ao tráfico na cidade. A proposta presentarase á presidenta do Porto no encontro solicitado para os vindeiros días.
07.08.2019.- Como é sabido, hai unhas semanas que a Autoridade Portuarias comezou a facer uso do traslado de mercancías por tren ata os muelles para alí ser embarcados nos buques que operan na rada. O organismo que preside Sagrario Franco estableceu as frecuencias e horarios, fixando inicialmente un tren semanal, os venres, en horario de ida ás 12 horas da mañá e de regreso ás 20 horas da tarde, cortando durante varios minutos a principal arteria de comunicación da cidade, a Avenida Rosalía de Castro ao paso polo Ramal, causando graves retencións de tráfico.

Os problemas xa se puxeron de manifesto durante o primeiro día, pero agrávanse a medida que avanza a temporada estival e causan a protesta de veciños, turistas e tamén dos sectores comercial e hostaleiro da cidade que consideran prexudicial esta situación, máximo cando o Porto acaba de anunciar que ampliará aos xoves o transporte por ferrocarril.

Aínda partindo de que o percorrido do tren portuario discorre na súa totalidade por terreos da propia Autoridade portuaria e da Xunta de Galicia no que respecta ao cruce de Rosalía de Castro, e que, polo tanto o Concello carece de competencia decisoria, o executivo local considera necesario o entendemento entre ambas administracións para que o incremento da actividade portuaria non vaia en detrimento da cidade e non cause prexuízos aos vilagarciáns. Con este obxectivo solicitouse que coa maior brevidade posible se celebre a reunión solicitada cos responsables da rada.

Ademais de tratar de consensuar uns horarios óptimos para todos, dende Ravella tamén se tratará de coordinar datas para evitar o que sucederá este ano durante as festas de San Roque, cando está previsto que os convois pasen dous días por medio da zona onde están instaladas as atraccións das festas (Explanada TIR) e os postos dos feirantes (Parque Miguel Hernández). Para mellorar a seguridade dos centos de persoas que soen frecuentar estas zonas e atravesar a vía para, o Concello valará a zona das atraccións.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -