_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Amplíase ata o luns 12 de agosto o prazo para solicitar a instalación de barras exteriores na Festa da Auga

O Concello de Vilagarcía vén de ampliar ata o vindeiro luns, 12 de agosto, o prazo para que os hostaleiros interesados soliciten o permiso para instalar barras exteriores para a venta de bebidas durante a véspera e na celebración da Festa da Auga. A obtención do permiso municipal é obrigatorio para poder contar con estas instalacións a pé de rúa e, en todo caso, deben cumprir os requisitos indicados polo Concello tanto en medidas como en horarios. O prazo para facer o trámite remata ás 14 horas do luns.
08.08.2019.- O trámite deberá realizarse obrigatoriamente a través da sede electrónica do Concello e mediante o formulario específico que se atopa dispoñible no taboleiro de anuncios do devandito sitio: sede.vilagarcia.gal.

Os locais de hostalería poderán solicitar permiso para colocar barras individuais ou colectivas. Segundo as normas establecidas para este caso excepcional, as barras individuais deberán de ter una lonxitude máxima de 3 metros, sen exceder en ningún caso a fronte do establecemento. Deberán deixar libre o acceso a interior do local e non poderán estar separadas máis de dous metros da fachada do edificio. A solicitude de instalación de barra conxunta anula a posibilidade de solicitar unha barra individual para cada un dos interesados.

En canto aos horarios, as barras non poderán instalarse nas rúas antes das 22:00 horas do 15 de agosto e, en todos os casos, deberán estar recollidas e retiradas da rúa antes das 16:00 horas do día 16 co obxectivo de permitir as labores de limpeza tras a celebración da Festa da Auga.


Ademais, de acordo coa Lei de Espectáculos, os promotores deberán de contar cun seguro de responsabilidade civil e cumprir co establecido na Ordenanza municipal de ruídos e vibracións.

A lista definitiva coas barras autorizadas publicarase o martes 13 de agosto.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -