_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MULLER
O Punto Lila contra actitudes machistas funcionará durante dúas xornadas das festas de San Roque

A Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía decidiu ampliar a dúas xornadas o funcionamento do Punto Lila contra as actitudes e agresións machistas durante as festas de San Roque. Como xa aconteceu a pasada edición, o centro de información e atención estará operativo durante a previa da Festa da Auga, xornada na que se dan cita en Vilagarcía milleiros de persoas para participar no evento, pero tamén funcionará a noite do 22 ao 23 de agosto, xornada que tamén se prevé unha importante afluencia de xente moza debido á celebración do concerto de Blas Cantó. A caseta instalarase na Praza da II República, fronte ao Auditorio.
09.08.2019.- O Punto Lila estará atendido por 3 axentes de igualdade, profesionais con formación específica sobre esta temática e que estarán debidamente identificados con camisetas lilas co lema da campaña. Estas profesionais serán as encargadas de distribuír material da campaña de sensibilización contra as agresións sexuais e os comportamentos machistas, así como informar e asesorar a todas as persoas que se pasen pola caseta. E, por suposto, atenderán e ofrecerán acompañamento no caso de que produza algún caso de agresión.

Na previa da festa da Auga, o Punto Lila estará operativo dende as 24.00 horas do 15 de agosto ata as 10 horas do 16. E tamén abrirá as súas portas ás 24 horas do día 22 de agosto ata as 04.00 da mañá do día 23. Previamente, nesta segunda xornada, os axentes de igualdade desprazaranse ata o Parque da Xunqueira, onde se celebra o concerto de Blas Cantó, para informar e repartir material da campaña de sensibilización aos alí presentes. Será entre as 22:00 e as 24:00 horas. Logo continuarán no Punto Limpo na Praza da II República.

Para a atención do Punto Lila, a Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía conta coa colaboración dos profesionais da asociación APAIOGA e do Soño de Lilith.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -