_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
SEGURIDADE CIDADÁ
O operativo de seguridade da Festa da Auga porase en marcha ás 22 horas do día 15 e manterase ata as 16 horas do día de San Roque

O Concello de Vilagarcía acolleu esta mañá a última das reunións de coordinación do operativo especial de seguridade para a Festa da Auga no que participarán efectivos da Policía Local, Policía Nacional, Garda Civil e do Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil. Na reunión tamén estiveron presentes os concelleiros de Seguridade e de Turismo e representantes da empresa encargada do Plan de Autoprotección. Todos os corpos multiplicarán os seus efectivos para o desenvolvemento do dispositivo que se abrirá ás 22 horas do día 15 de agosto e se dará por pechado ás 16 horas do día 16. Entre as novidades deste ano atópanse a substitución dos camións cisterna por plataformas de lanzamento de auga e a implementación dos medios sanitarios cunha ambulancia medicalizada que contrata o Concello e se suma a outro vehículo de soporte vital básico.
13.08.2019.- Como xa se avanzara na Xunta Local de Seguridade celebrada hai días, a presenza dos corpos de seguridade nas rúas de Vilagarcía durante a madrugada previa á Festa da Auga será máis notoria que en edicións anteriores. Ademais do reforzo habitual que fai a Policía Local, o Corpo Nacional de Policía desprazará medios dende comisarías de Vigo para contribuír a que a celebración discorra con normalidade e sen incidentes. Ademais, a Garda Civil de Tráfico realizará controis de alcoholemia e drogas nos principais accesos e saídas da cidade para evitar a situación de risco que conleva conducir baixo os efectos destas sustancias.

O despregue policial dende ás dez da noite tamén contará co apoio de efectivos de Protección Civil e Emerxencias que esta noite triplican os seus efectivos nas rúas e na propia base, contando cun total de 22 persoas.

Xa de cara á propia celebración da Festa da Auga, o Servizo Municipal de Emerxencias habilitará un Posto de Sanitario na Praza da Peixería que estará operativo a partir das 10 da mañá, co obxectivo de atender as incidencias típicas dunha celebración na que se acumulan tantas persoas, como contusións por caídas, cortes e similares, así como calquera outra emerxencia que se puidera producir. O posto contará este ano con dúas ambulancias, a de soporte vital básico e, como novidade este ano, unha medicalizada (UVO Móbil) dotada cun médico e 2 técnicos sanitarios, que contrata directamente o Concello tal como establece o Plan de Autoprotección.

Outra das novidades deste ano é a eliminación dos camións cisterna da Festa da Auga. Esta medida adóptase para elevar a seguridade na celebración, evitar o tráfico de vehículos polo medio da multitude. Os camións serán substituídos por plataformas de lanzamento de auga, estruturas homologadas e perfectamente seguras.
Como xa se fixo o ano pasado, a fonte da Praza de Galicia pecharase con valas protectoras para unha maior seguridade dos participantes na Festa.

A Festa da Auga -que comezará unha vez que remate o traslado do santo ata a capela de San Roque e se proceda á lectura do pregón- desenvolverase como sempre nas rúas da denominada Zona Húmida. O epicentro da celebración estará na Praza de Galicia e rúas aledañas, onde se instalarán cinco plataformas de lanzamento de auga. Estarán emprazadas na Praza de Galicia, Rúa Cobián, nas confluenzas de Rey Daviña coa Rúa Baldosa e de Conde Vallellano coa Avenida da Mariña e no cruce de Conde Vallellano coa Rúa Baldosa. Ademais, na Praza de Galicia volverá a instalarse unha liña de surtidores de auga.

Para garantir a seguridade e detectar calquera tipo de incidencia coa maior brevidade para poder actual de inmediato, instalarse o Centro de Coordinación do Operativo na propia praza de Galicia, no local da Fundación Galega Contra o Narcotráfico, dende onde os efectivos de Emerxencias velarán pola seguridade dos asistentes á celebración.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -