_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EMPREGO
O Concello contará a partir de outono cos obradoiros de emprego de socorrismo e promoción turística

O Concello de Vilagarcía porá en marcha a partir de outono unha nova edición do Obradoiro de Emprego Labora Xoven que, nesta ocasión, formará a 16 mozos e mozas nas especialidades de “Socorrismo en espazos acuáticos” e “Promoción turística local e información ao visitante”. A Xunta de Galicia vén de confirmar a aprobación do proxecto elaborado pola Concellería de Formación e Emprego do Concello, así como a concesión da subvención de 180.021 á que o Concello sumará outros 25.000 euros máis.
13.08.2019.- O obradoiro Labora Xove 2019 está dirixido a mozas e mozos desempregados, de dezaoito ou máis anos inscritos no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Nesta edición poderán participar no programa 16 xóvenes (8 en cada unha das especialidades), que disporán dun contrato a xornada completade 6 meses de duración.

O obradoiro terá unha única etapa de formación en alternancia co traballo ou a práctica profesional, e a súa finalidade será a obtención por parte dos alumnos dos correspondentes certificados de profesionalidade. Durante esta etapa os alumnos e alumnas percibirán as retribucións salariais que lle correspondan de conformidade co previsto na normativa aplicable e nesta Orde reguladora dos obradoiros.

A Concellería que dirixe Alba Briones apostou pola formación de socorristas acuáticos e informadores turísticos por tratarse de dous nichos de emprego cun elevado índice de inserción laboral nesta zona e, sobre todo, coa vista posta no Xacobeo 2021 que se espera eleve a demanda destes profesionais.

Os obradoiros de emprego combinan a formación teórica coa práctica laboral. Na fase de aprendizaxe, o alumnado de ámbalas dúas especialidades realizará traballos ou servizos de interese social ou comunitario para o Concello. No caso da especialidade de Socorrismo en espazos acuáticos, realizarán asistencia operativa ao Servizos Municipal de Emerxencias e á Fundación Municipal de Deportes nas actividades de socorrismo nos espazos naturais e nas instalacións acuáticas de titularidade municipal. O alumnado do módulo de Promoción Turística Local e Información ao Visitante realizará accións para promover o turismo no municipio e para a posta en valor dos seus recursos naturais e patrimoniais en xeral, aínda que dada a proximidade do Ano Xacobeo, farase especial fincapé na Ruta Marítimo Fluvial xacobea do mar de rousa e Ulla e do roteiro de peregrinaxe do Padre Sarmiento que pasa por Vilagarcía.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -