_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
FESTAS
Los Duendes ofrecen un concerto único irrepetible como despedida a 50 anos de carreira musical

Tras 50 anos dunha exitosa e brillante carreira musical, o mítico grupo vilagarcián “Los Duendes” despídese de forma oficial o mércores, 14 de agosto, cun concerto único e irrepetible a celebrar a partir das 22:00 horas no Auditorio Municipal. Tras o éxito de público rexistrado no espectáculo das pasadas festas patronais co que Los Duendes homenaxearon a Manolo Lasa, un dos membros fundadores falecidos ese mesmo ano, o grupo despedirase por todo o alto co concerto que a Concellería de Cultura abre o apartado musical das Festas Patronais de San Roque 2019.
13.08.2019.- A concelleira de Cultura, Sonia Outón, comentou durante a presentación deste evento que é un orgullo para Vilagarcía contar cun grupo que triunfou de tal xeito tanto en España como no resto dos países do mundo polos que actuou a partir da década dos anos 60. Un grupo que compartiu escenario e colaborou con artistas da talla de Julio Iglesias, Rocío Jurado, Peret ou María do Ceo, entre moitos outros.

Alfonso Galbán, un dos membros orixinais da formación comentou que para a despedida do grupo teñen preparado un repertorio moi especial co que agasallar ao seu público como “Por el amor de una mujer”, “Cuando, cuando”, “Perdóname”, “May Way”, “Delilah” ou “O vello e o sapo”, ademais de algunha que outra sorpresa. Galbán tamén apuntou que este concerto pretende ser unha homenaxe aos membros de Los Duendes xa falecidos (Manolo Lasa, Pepe Xanote, Manolo Reboredo e Ramón Tubío), de aí que o espectáculo inclúa antigas proxeccións nas que aparecen estes grandes músicos.

No concerto do mércores intervirán Alfonso Galbán, Alex Iglesias, Jimmy Rosales, Alberto Estévez, Alan Prol, José Luis Sanz, Andrés Lobato e Álvaro Lordelo, aos que acompañará o trñio de voces femininas do grupo local /Setenta formado por Pati, Elena e Diana.

Para a edil de Cultura, contar nas festas de San Roque con Los Duendes é todo un luxo co que agasallar tanto aos vilagarciáns como ás persoas que visitan a cidade nestas datas.
O concerto celebrarase no Auditorio e a entrada é libre e de balde. Non se precisa retirada previa de invitación.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -