FESTAS
A romaría de San Roquiño o Pequeño viste de tradición popular o día previo á Festa da Auga As festas patronais comezan este ano con forza. Tras a lectura do pregón e a ofrenda floral, mañá xoves, 1e de agosto o barrio de San Roque vestirase de festa para celebrar a tradicional romaría na honra de san Roquiño o Pequeño. Misa e procesión polas rúas do barrio, pasacalles cos grupos de gaitas e a participación dos xigantes darán paso á romaría popular con reparto de empanada e viño fronte a capela. A festa remata mañá coa verbena no mesmo barrio e o inicio da madrugada da Festa da Auga que terá lugar o venres, 16 tras o tradicional traslado da imaxe do Santo ao ritmo do pasodobre “Triunfo”. Pola tarde, a procesión solemne e o concerto de José Luis Barreiro.
XOVES 15 AGOSTO
10:00 - Barrio de San Roque Pasacalles San Roquiño O Pequeno Grupo de Gaitas Os Terribles de Arousa
11:30 - Barrio de San Roque Misa de San Roquiño Cantada pola Coral Santa Eulalia
12:30 - Barrio de San Roque Procesión San Roquiño Acompañada da Banda de Música e Os Terribles de Arousa. Ao final haberá reparto de viño e empanada.
12:30 - Rúas da cidade Pasacalles Grupo de Gaitas Treboada de Guillán
20:30 - Rúas da cidade Pasacalles Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa
22:30 - Barrio de San Roque Verbena Popular Dúo “La Ola”
VENRES 16 AGOSTO
11:45 - Praza de España Traslado de San Roque Dende a Igrexa parroquial (Praza de España) á Capela de San Roque.
12:00 - Zona húmida Festa da Auga Logo do pregón, nunha grúa e caldeiro na man, comeza a multitudinaria Festa da Auga.
12-30 - 14:30 - Praza de Ravella O Club dos Superrroquiños na Festa da Auga Animación infantil con inchables, tobogáns, monitores…e moita auga ! En colaboración con Zona Aberta e Ahituvi.
20:30 - Rúas da cidade Procesión de San Roque Saída da Capela de San Roque, Rúa San Roque, Praza da Independencia, Rúa Padre Feijoo, Rúa Edelmiro Trillo ata a Igrexa na Praza de España.
22:00 - Alameda CONCERTO José Luis Barreiro Cancións de Sempre