_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Segue estes sinxelos consellos para gozar sen riscos da Festa da Auga

O Concello de Vilagarcía e a Comisión Veciñal “Auga que non has de beber…” coorganizadora da Festa da Auga lembran a todas as persoas que vaian a participar no multitudinario evento da mañá do día 16 de agosto algúns consellos para previr riscos durante a celebración. Trátase de recomendacións moi sinxelas que poden ser de grande utilidade, como levar calzado cómodo e cinguido ao pé para evitar esvarar ou tropezóns, xa que as caídas son un dos principais riscos que existen nun evento de concentración de masas.
14.09.2019.- O uso de chancletas está totalmente desaconsellado porque poden propiciar traspés ao ser pisados por detrás e porque ao quedar descalzo poden sufrirse cortes ou lesións.

Debe terse especial coidado nos pasos de peóns e pavimentos pintados xa que, ao estar mollados poden resultar esvaradías.

Debe procurase vestir roupa pouco pesada e cómoda, non levar teléfonos móbiles nin cartos en billete xa que se poden perder ou estragar co impacto da auga.

Tamén é necesario que se rexeite a utilización de recipientes de cristal ou similares, xa que poden escachar no chan e dar lugar a cortes. E lémbrase que non debe collerse auga acumulada no chan, posto que pode levar areas ou outros líquidos que poidan mancar os ollos.

Posto de Socorro

O Servizo Municipal de Emerxencias habilitará un Posto de Socorro na Praza da Peixería, nas inmediacións da Zona Húmida. Durante a lectura do pregón da Festa da Auga tamén achegará unha ambulancia na contorna da capela de San Roque que, ao inicio da festa se trasladará ao Posto de Socorro onde tamén estará dispoñible unha segunda ambulancia, esta medicalizada.

Normas da celebración

Outro aspecto importante para garantir o normal desenvolvemento da festa é que se cumpran as tres normas básicas. A primeira é que a Festa da Auga comeza cando o Santo chega á Capela e despois de que o pregoeiro dea por aberta a festa co lanzamento do primeiro cubo de auga. A organización prega que se respecte a subida da procesión popular e que non se tire auga durante o percorrido de ida.

A segunda norma é que se respecte a Zona Húmida, é dicir que só se bote auga nas rúas así establecidas; e a terceira que reine o civismo e o respecto entre participantes activos e espectadores.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -