_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
AVISOS
Cortes de tráfico e restrición de estacionamentos para o 15 e 16 de agosto. Use os aparcamentos disuasorios

Con motivo da celebración dos actos festivos previsto para os días 15 e 16 de agosto, a Policía Local informa dos cortes de tráfico e das rúas que se verán afectadas pola eliminación de prazas de estacionamento. Para evitar problemas, recoméndase evitar circular polo centro da cidade e usar as bolsas de estacionamento disuasorio repartidas pola periferia do casco urbano e Carril e os novos que se poñen en funcionamento durante as festas.
DÍA 15: Para a celebración da misa e procesión no Barrio de San Roque, entre as 11:30 e as 13:00 horas procederase ao peche de tráfico na rúa San Roque (o que implicará o corte dende Juan Carlos I e a Avenida das Carolinas)

DÍA 16: SUBIDA DEL SANTO. Supresión de estacionamentos e corte d tráfico rodado entre as 08:00 horas e as 11.45 horas nas rúas do percorrido: Praza de España, rúa Edelmiro Trillo, rúa Padre Feijoo, Independencia, rúa San Roque ata a capela (cruce con Ramón Cabanillas incluído). Os desvíos da circulación faranse no cruce de San Roque con rúa do Pino e na Glorieta da Porta da Luz Salgada.
FESTA DA AGUA: A remate da subida de San Roque, o mesmo día 16 ocuparanse as mesmas rúas para a lectura do pregón quedando finalmente pechada a zona centro que incluirá entre outras rúas Conde Vallellano e Arcebispo Lago. Dependendo da ocupación por parte dos participantes da celebración, tamén poderían pecharse Alexandre Bóveda, Alejandro Cerecedo, Praza de España e Praza da Independencia. O tráfico irase abrindo nas rúas máis periféricas, en tanto vaian quedando desocupadas polos celebrantes.
LABORES DE LIMPEZAS. Xa pola tarde, iranse pechando paulatinamente as seguintes vías para proceder ao seu aseo e se irán abrindo unha estean acondicionadas:
15:00 horas, Praza de España, Edelmiro Trillo, Independencia e San Roque.
16:00 horas, Arcebispo Lago e Conde Vallellano.
17:00 horas, Avenida da Mariña (entre Conde Vallellano y Ramal)
18:00 horas, Rivero de Aguilar.
19:00 horas, Avenida da Mariña (tramo entre glorietas por diante de Peixería) 19:30 horas, Alexandre Bóveda.
PROCESIÓN SOLEMNE: Ás 20.30 horas do día 16, pecharase ao tráfico rodado o percorrido seguinte, que estará libre de vehículos dende a mañá: Saída dende a Capela por rúa San Roque (isto implica o peche dende Avenida de Juan Carlos I e Avenida das Carolinas), Praza da Independencia, rúa Padre Feijoo e rúa Edelmiro Trillo, para terminar na Praza de España.

APARCAMENTOS DISUASORIOS

A Maroma, párking posterior de Fexdega, Finca Do Ouro, Pavillón e piscina de Fontecarmoa, O Piñeiriño, Os Duráns, subida a Marxión, Invisa-Marxión, A Escardia, A Golpilleira-A Torre, Rúa A Concha-Villa Güimil e o de Carril na Avenida Rosalía de Castro.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -