_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Nove comunidades presentan proxectos para financiar coas axudas municipais á conservación dos montes

Nove comunidades de montes veciñais de Vilagarcía concorreron á convocatoria da liña de axudas á prevención de incendios forestais que ofrece o Concello de Vilagarcía. De xeito individual, ou colectivo, as entidades de comuneiros presentaron tres proxectos diferentes para actuar tanto en materia de prevención de lumes como de conservación dos montes. A suma do custe dos proxectos ascende a 83.483 euros. O Concello dispón dunha partida de 85.000 euros para financiar esta liña de axudas.
17.08.2019.- As comunidades de montes de Fontecarmoa e Bamio presentaron cadanseu proxecto para levar a cabo principalmente diferente tipo de tarefas de rozas (alta, manual, de penetración ou mecanizada, dependo da zona a actuar), de limpeza e xestión dos residuos mediante trituración. O proxecto de Fontecarmoa actuará sobre unha superficie de 6,9 hectáreas de monte cun orzamento total de 6.497 euros, mentres que a proposta dos comuneiros de Bamio está presupostada en 8.736 euros.

O terceiro proxecto para o que se solicita subvención do Concello é o presentado pola Mancomunidade de Montes de Vilagarcía, que reúne a sete comunidades: Rubiáns, Trabanca Sardiñeira, Trabanca Badiña, Cea, Guillán, Sobrán e Loenzo, que o ano pasado concorrera de xeito individual. O proxecto mancomunado tamén se centra principalmente en tarefas de limpeza e mantemento dos montes baseadas nas rozas e poda, coa excepción da iniciativa prevista nos montes de Sobrán, onde tamén se levarán a cabo actuacións de repoboación forestal cunha plantación de especies frondosas.

A proposta mancomunada ten un presuposto total de 68.250 euros para actuar sobre unha superficie de 39,05 hectáreas repartidas entre os montes das sete comunidades participantes no proxecto.

A deste ano é a terceira convocatoria da liña municipal de axudas creada polo Concello de Vilagarcía para axudar ás comunidades de montes a manter en bo estado as masas forestais e evitar os incendios forestais que cada ano arrasan miles de hectáreas en Galicia.

A través desta liña pódese financiar unha ampla variedade de actuacións tendentes á conservación dos montes, como a creación de devesas, tratamentos axeitados da biomasa residual, limpeza e rozas das zonas de protección para liberar vexetación accesoria á masa principal, así como rareos da masa arbórea. Con estas axudas tamén se poden financiar obras para dotar aos montes das infraestruturas preventivas necesarias para unha efectiva actuación en caso de ter que combater lumes, tales como a construción de depósitos ou puntos de abastecemento de augas. De igual xeito, serán subvencionables intervencións de silvicultura preventiva.



4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Abr 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -